Dentro do Ciclo de Cine Comedia en Branco e Negro, este mércores, 25 de marzo, proxectarase na Biblioteca a película O Verdugo, do director español Luís García Berlanga.
Se queres informarte máis polo miúdo, preme no cartaz.
O
martes 24 de marzo celebramos o Día de Rosalía, á convocatoria de
“Dálle voz a Rosalía” apuntáronse vinte e cinco alumnos que
foron recitando, individualmente ou por parellas, os poemas que
aprenderan.
Noraboa
a Hifsa, Iris, Aroa e Aitana por resultaren premiadas. Grazas a todos
os participantes e tamén grazas a Sergio, o noso gaiteiro. Tendes
aquí unha fotografía das gañadoras. Ata o ano que vén.