16 may 2019

Semana cultural

Esta semana tivo lugar o noso tradicional Maratón de Lectura. Este ano estivo dedicado ao teatro. Tamén contamos coa actuación do Coro do IES A Sardiñeira e, dentro das actividades da semana, teremos ocasión de asistir á proxección duns videopoemas realizados polo alumnado.

25 abr 2019

Charla con Nando López

O pasado mércores 10 de abril, o escritor Nando López fixo un oco no seu “nandotour” para charlar sobre a novela El reino de las tres lunas co alumnado de 1º da ESO, contar anécdotas e responder moitas preguntas que xurdiron sobre a súa obra. Moitísimas grazas, Nando, pola túa proximidade, dinamismo e excelente trato co alumnado! Moitas grazas tamén á editorial Santillana por ternos facilitado este encontro.

23 abr 2019

Poesía e graffiti con Dores Tembrás


O alumnado de 1º de bacharelato tivo a sorte de compartir a tarde do pasado martes, 9 de abril, con Dores Tembrás nun obradoiro de poesía e graffiti que serviu non só para reflexionar sobre a esencia do poético, senón tamén para interpretar algunhas das suxestivas pintadas seleccionadas pola poetisa: “Solo solos somos libres”. Así valoraron algúns dos nosos alumnos este encontro: “moi reflexivo, moi inspirador”; “conseguiu captar a miña atención”; “múltiples interpretacións”... 

23 mar 2019

Conferencia de Rubén Ruibal

No martes 26, Rubén Ruibal virá falarnos da súa obra Limpeza de sangue. Á charla asistirán os alumnos de 1º e 2º de bacharelato. Esta conferencia é posíbel por ter sido incluída dentro do programa "Actividades literarias en institutos" do "Plan de fomento de la lectura" do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
https://drive.google.com/open?id=1FenArQdKpLHMivhz82i0jd-33Bwt74qF

9 mar 2019

Conferencia de Cándido Pazó

No martes 12, teremos a conferencia de Cándido Pazó, A adaptación ao teatro doutros xéneros literarios, á cal está previsto que asistan os alumnos de 1º e 2º de bacharelato. Esta conferencia é posíbel por ter sido incluída dentro do programa "Actividades literarias en institutos" do "Plan de fomento de la lectura" do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
https://drive.google.com/open?id=1_zaDx_UxG9innL-1RhLIkq60ElV493gs

26 feb 2019

Novas sobre os Clubs de Lectura


Xa tivemos as primeiras reunións dos Clubs de Lectura; falamos sobre a Canción de Nadal, de Charles Dickens, no Club Caladoiro. Sobre O asesinato de Roger Acroyd e O hibisco púrpura, no Club Interniveis e, no Club de adultos, comentamos Enderezo descoñecido.

As seguintes lecturas van ser: 


 
Senlleiras, de Antía Yáñez, para Interniveis.



Viaxe ao centro da Terra
, de Xulio Verne, para Caladoiro.




La uruguaya
, de Pedro Mairal, para o Club de adultos.



 

Desaparecido, de Kei Sanbe, para o Club de Manga.




14 feb 2019

Conferencias: Divulgación científica da UDC

Informámosvos das conferencias que tivemos nos últimos días, ofrecidas pola Universidade da Coruña. Haberá máis e esperamos poder ir informándovos de todas elas.
<a href="https://www.freepik.es/fotos-vectores-gratis/fondo">Vector de fondo creado por freepik - www.freepik.es</a>
Imaxe creada por freepik
www.freepik.es
  •  25 de xaneiro

    Conferencia de Juan Casto Rivadulla sobre Neurociencia, Estás seguro do que ves? Asistiron os alumnos de 2º e 1º de bacharelato, das materias de Psicoloxía e Filosofía, e o o alumnado de 4º de ESO da materia de Filosofía.
  •  5 de febreiro

    Conferencia de Mª Teresa Rodríguez Blas: Na búsqueda da felicidade: A Química "extraordinaria " da vida ordinaria. Alumnado asistente: 2ºESO A e B e PEMAR.