29 sept 2010
Benvida
Ola! Benvidos ao blog da biblioteca do IES A Sardiñeira. Queremos, este curso, continuar o labor iniciado no curso 2009-2010 e poñer á vosa disposición este espazo. Aquí aparecerán todas aquelas novas relacionadas coa biblioteca, as actividades previstas e información e materiais que esperamos que vos sexan útiles e poidan contribuir ao proxecto educativo do que todos formamos parte. Queremos, tamén, que compartades con nós o que vos gusta ler, que música vos gusta escoitar, que películas preferides... Contamos coa vosa colaboración!
Foto: Chema Madoz
Centenario de Miguel Hernández
Comezamos as exposicións deste curso facendo unha homenaxe ao poeta Miguel Hernández. Podedes vela no vestíbulo do edificio gris. Aquí vos poño o cartel para que vos vaiades facendo unha idea. En breve, estarán as fotos, aínda que o mellor é que pasedes a vela. Tamén se farán audicións de música e proxeccións de documentais. Estade atentos á información que irá aparecendo.
Etiquetas:
Exposicións,
Miguel Hernández,
poetas
Compartindo
Como vos dicía na presentación, esperamos que este sexa un espazo para compartir. Queremos que nos digades que é o que vos gusta dos vosos libros, música, filmes ... preferidos.
Para empezar, vou compartir con vós as fotos de Chema Madoz. Para os que o coñecedes, será un reencontro; para os que non, espero que un pracer. Gústame de el a mirada transgresora do cotiá, que o seu obxectivo nos convirta en testemuñas invisibles da vida soñada dos obxectos.
(Máis sobre Chema Madoz)
Etiquetas:
Chema Madoz,
Compartindo,
fotografía
Curso 2010-2011. Novas
Este curso temos algunhas novidades. A biblioteca abrirá as tardes do luns, mércores e xoves de 16.30 a 18.10. Tedes á vosa disposición un espazo ben equipado para o estudo e tamén podedes contar coa orientación dos profesores encargados da biblioteca.
Queremos tamén estender o servizo de préstmo aos pais e nais dos alumnos. Todos aqueles que o desexen poden solicitar o carné de usuario na biblioteca.
E, para aqueles que aínda non o saiban, a biblioteca foi incluída no Plan de melloras das bibliotecas escolares. A convocatoria abría a posibilidade de incorporación de 75 novos proxectos en toda Galiza e o noso foi un deles.
Queremos tamén estender o servizo de préstmo aos pais e nais dos alumnos. Todos aqueles que o desexen poden solicitar o carné de usuario na biblioteca.
E, para aqueles que aínda non o saiban, a biblioteca foi incluída no Plan de melloras das bibliotecas escolares. A convocatoria abría a posibilidade de incorporación de 75 novos proxectos en toda Galiza e o noso foi un deles.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)