Dentro do ciclo de cine "Cine á Carta", este xoves, 14 de febreiro
proxectarase na biblioteca a película "O quinteto da morte" (The
Ladykillers) do director inglés Alexander MacKendrick. Se queres
informarte máis polo miúdo, preme no cartaz.
8 feb 2013
5 feb 2013
Cine-fórum. Cine á carta
Finalizado o ciclo de cine "Terror e Suspense", o próximo xoves 14 de
febreiro dará comezo un novo ciclo: "Cine á Carta", no que se
proxectarán unha selección de películas escollidas por cada un dos
membros do equipo do cine-fórum. Para máis información, preme no cartaz.
Etiquetas:
Cine á carta,
cine-fórum
4 feb 2013
Recitando a Celso Emilio
O 12 de decembro de 1912 nacía en Celanova, Celso Emilio Ferreiro. Celso
Emilio foi escritor e político, cultivou a poesía e tamén a narrativa. O
seu poema Longa noite de pedra converteuno no máximo expoñente
da poesía social na literatura galega.
Para conmemorar o centenario do seu nacemento, o 12 de decembro de 2012,
ás 12:00 h., milleiros de mozos dos centros educativos de toda Galicia
participaron na convocatoria da Coordinadora Galega de Equipos de
Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) nun recital público e
simultáneo do poema Deitado frente ao mar, un dos seus poemas
máis emblemáticos.
Fixémolo no noso instituto con alumnado do 2º ciclo da ESO e de
bacharelato. Axudamos, pois, a manter viva a memoria dun dos grandes
poetas galegos do século XX.
Etiquetas:
Actividades,
Celso Emilio Ferreiro,
Poesía
Suscribirse a:
Entradas (Atom)