15 dic 2013
A Historia no cine: As longas vacacións do 36
O vindeiro xoves 19 de decembro proxectase na
Biblioteca unha nova película dentro do Ciclo A Historia no Cine: As
longas vacacións do 36, de Jaime Camino. Se queres informarte máis polo
miúdo, preme no cartaz.
Etiquetas:
A Historia no cine,
actividades.,
cine-fórum,
cinema
24 nov 2013
A Historia no Cine: La Vaquilla
Nesta
semana, dentro do ciclo A Historia no Cine, proxectarase La Vaquilla, do director español Luís García Berlanga.
Coma siempre, terá lugar na Biblioteca do centro ás 16:30. Se
queres informarte máis polo miúdo, preme no cartaz.
Etiquetas:
A Historia no cine,
Actividades,
cine-fórum,
cinema
20 nov 2013
Celebramos o Samaín!
Os
alumnos e alumnas de 1º da ESO decoraron as súas cabazas para
celebrar o Samaín. Houbo premios. Foron os alumnos e alumnas de 2º
de Bach os encargados de votar. Deixámosvos algunhas mostras dos resultados. Preme na foto para vela mellor. Se queres ver un par de fotos máis, mira aquí e aquí.
Etiquetas:
Actividades,
Samaín
30 oct 2013
Cine-fórum: O Gran Ditador
Durante este curso a Biblioteca puxo o
seu Cine-Forum a disposición tamén dos Departamentos
coa finalide de que estes o utilizasen para proyectar filmes que
tiveran relación co seu proxecto curricular e traballo na aula.
Dentro desta liña de traballo, o vindeiro luns, 4 de novembro,
proxectarase na Biblioteca a película O Gran Ditador do
director británico Charles Chaplin, para os alumnos e alumnas de 1º
da ESO. Por suposto que @s demais tamén estades invitad@s.
Para obter máis información, preme no cartaz.
Etiquetas:
cine-fórum,
cinema
23 oct 2013
Cine-fórum: "A Historia no cine", novo ciclo de cinema
Etiquetas:
A Historia no cine,
Actividades,
cine-fórum
16 oct 2013
Alice Munro
Como xa sabedes, Alice Munro é a escritora á que lle concederon o Nobel de literatura. Se premedes aquí , podedes acceder a un dos seus relatos, cousa altamente recomendable.
Etiquetas:
Alice Munro,
Nobel
9 oct 2013
Cursos de español para estranxeiros
Etiquetas:
Biblioteca "Sagrada Familia",
cursos,
español
25 sept 2013
Estamos de volta
Aquí estamos un curso máis! Queremos darvos a benvinda a todos e esperamos seguir contando coa vosa presenza e a vosa participación nas actividades que organicemos. A Biblioteca estará aberta polas mañás, de 9:35 a 13:35, e as tardes do luns/segunda feira, mércores/cuarta e venres/sexta, de 16:30 a 18:10. Déixovos, como benvinda, a reprodución dunha collage da miña amiga Sara Huete. Titúlase Mantenerse a flote. Obra e título son o suficientemente inspiradores como para non precisaren comentario. Grazas por estardes aí!
Mantenerse a flote, Sara Huete |
Etiquetas:
benvinda,
horario,
Sara Huete
7 jul 2013
Flores de Satie para Kavafis, Barakalaika
O obradoiro de teatro escolar Barakalaika xorde neste curso cunha vocación, quizais non compartida: antepoñer o pracer de percorrer o camiño á obriga de chegar a un destino, mostrando que só a vontade de pasalo ben nos pode abeirar do aburrimento e da súa sombra, a diversión.
Etiquetas:
Actividades,
Barakalaika,
Kavafis,
Satie,
teatro
30 jun 2013
Representación de "O achado do castro"
A pura alegría que se transparenta nos seus xestos é motivo
suficiente para reconducir, a través desta montaxe, pero sen desmentilo,
o carácter naturalmente efémero do teatro.
Etiquetas:
Actividades,
teatro
Expresionismo
Ernst L. Kirchner |
Etiquetas:
Actividades,
cine-fórum,
expresionismo,
montaxes
29 jun 2013
Premiados no concurso "Ven para o blogue e gaña"
O concurso, como xa sabedes, constaba de dúas fases e de dous tipos de premios. O primeiro, a publicación da obra e a obtención dunha entrada de cinema; o segundo, a entrega dun vale aos mellores traballos publicados. Parabens para todos os que participáchedes e grazas pola vosa colaboración. Contamos con todos vós para o próximo curso e tamén esperamos que se animen a participar aqueles que aínda non fixeron.
Aquí queda a relación dos gañadores da segunda fase do concurso. Nas bases da segunda fase do concurso (colgadas no blogue) podedes ver en que consisten os premios.
2ª categoría (3º e 4º de ESO)
1ª categoría (1º e 2º de ESO)
Aquí queda a relación dos gañadores da segunda fase do concurso. Nas bases da segunda fase do concurso (colgadas no blogue) podedes ver en que consisten os premios.
ti debuxas?
1ª categoría (1º e 2º de ESO)- Andrea Gento, alumna de 1º de ESO. Premio especial do xurado.
- Sara Buedo, alumna de 1º de ESO. Premio especial do xurado.
- Mar Otero, alumna de 1º de Bacharelato.
2ª categoría (3º e 4º de ESO)
- Cristina Pérez, alumna de 3º de ESO, polo relato Caminos.
- Daniel Torres, alumno de 2º de Bacharelato, polo relato Queso.
- Héctor Ojea, alumno de 2º de Bacharelato, polo relato Perseguido.
1ª categoría (1º e 2º de ESO)
- Paloma Mareque, alumna de 2º de ESO, pola foto Inverno, Jaca. Premio especial do xurado.
- Cristina Pérez, alumna de 3º de ESO, pola foto Primavera. Premio especial do xurado.
- Mar Otero, alumna de 1º de Bacharelato, ao conxunto das fotos presentadas.
- Daniel Torres, alumno de 2º de Bacharelato, ao conxunto das fotos presentadas.
Etiquetas:
concursos,
premiados,
Ven para o blogue
15 jun 2013
Bases da 2ª fase do concurso "Ven para o blogue e gaña"
1. A segunda fase do concurso Ven para o blogue e gaña constará de tres categorías por modalidade:
1ª categoría: 1º e 2º de ESO
2ª categoría: 3º e 4º de ESO
3ª categoría: Bacharelato e Ciclos
2. As obras que entrarán a concurso son as que foron publicadas no blogue da Biblioteca.
3. Haberá un premio por categoría que consistirá nun vale de 30 euros para FNAC. O xurado poderá establecer algún premio especial (que será de menor contía), se así o considerar oportuno.
4. Os premios poderán ser declarados desertos.
5. No caso de quedar o premio deserto nalgunha modalidade, podería ser acumulado a outra das modalidades, se a calidade das obras así o xustificar.
6. O xurado estará formado por membros do equipo da Biblioteca, persoal do Centro e alumnado. Este último exercerá a súa participación a través dos comentarios do blogue da Biblioteca.
7. A entrega de premios terá lugar o xoves 20 de xuño de 2013, na festa de fin de curso.
8. Estas bases supoñen unha ampliación das da primeira fase do concurso, que continúan vixentes.
9. Todos aqueles que se presentaren a este concurso aceptan as condicións establecidas nas bases.
1ª categoría: 1º e 2º de ESO
2ª categoría: 3º e 4º de ESO
3ª categoría: Bacharelato e Ciclos
2. As obras que entrarán a concurso son as que foron publicadas no blogue da Biblioteca.
3. Haberá un premio por categoría que consistirá nun vale de 30 euros para FNAC. O xurado poderá establecer algún premio especial (que será de menor contía), se así o considerar oportuno.
4. Os premios poderán ser declarados desertos.
5. No caso de quedar o premio deserto nalgunha modalidade, podería ser acumulado a outra das modalidades, se a calidade das obras así o xustificar.
6. O xurado estará formado por membros do equipo da Biblioteca, persoal do Centro e alumnado. Este último exercerá a súa participación a través dos comentarios do blogue da Biblioteca.
7. A entrega de premios terá lugar o xoves 20 de xuño de 2013, na festa de fin de curso.
8. Estas bases supoñen unha ampliación das da primeira fase do concurso, que continúan vixentes.
9. Todos aqueles que se presentaren a este concurso aceptan as condicións establecidas nas bases.
Etiquetas:
Actividades,
bases,
concursos,
Ven para o blogue
13 jun 2013
Ven para o blogue e gaña
Dentro da modalidade ti escribes?, un relato de Paula Matínez, alumna de 3º de ESO.
Carpe Diem, Paula Marínez
Camino por la calle, suena el móvil, lo cojo, automáticamente comienzan a resbalar lágrimas por mi cara, no doy crédito, la gente me mira, en el lugar sólo se oye mi llanto, salgo corriendo, voy hacia la playa, necesito pensar. Cuando llego allí me doy cuenta de que un chico me había seguido, me pregunta si estoy bien, le digo que no, que ya no merece la pena vivir, me siento como una inútil; él intenta consolarme, pero es en vano, lo que acaba de ocurrir cambiaría mi vida, no quería contárselo a nadie, pero, ¿qué más da? Se lo conté:
Etiquetas:
Actividades,
concursos,
relatos,
Ven para o blogue
12 jun 2013
Ven para o blogue e gaña
Dentro da modalidade fas fotos?, unha composición de foto e detalle de Mar Otero, alumna de 1º de Bacharelato. Preme nas imaxes se queres velas mellor.
Etiquetas:
Actividades,
concursos,
fotos,
Ven para o blogue
10 jun 2013
Amplíase o prazo para ser xurado!
Como aínda quedan unhas colaboracións por publicar, ampliamos o prazo para que poidades ser xurado ata o día 14 de xuño ás 12 da noite. Seguide votando polas vosas obras favoritas!
Etiquetas:
Ven para o blogue,
xurado
6 jun 2013
Ven para o blogue e gaña
Dentro da modalidade fas fotos?, unha foto de Mar Otero, alumna de 1º de Bacharelato. Preme na imaxe para vela mellor.
Etiquetas:
Actividades,
concursos,
fotos,
Ven para o blogue
5 jun 2013
Ven para o blogue e gaña
Dentro da modalidade ti escribes?, un relato de Héctor Ojea, alumno de 2º de Bacharelato.
Perseguido, Héctor Ojea
Ahora estoy sentado en una silla blanca, rodeado por un sinfín de caras que no alcanzo a reconocer, cada una sentada a su vez en su propia silla blanca; felices, o al menos por fuera, celebrando algo que no puedo recordar fruto de mi efímera memoria. Los vasos y los cumplidos vuelan de mano en mano y el vaivén de las faldas contra el viento parece querer hipnotizarme hasta que, en un momento, todo se detiene y la banda comienza a tocar, dando pie así a un movimiento todavía más intenso. La
Etiquetas:
actividades.,
concursos,
relatos,
Ven para o blogue
3 jun 2013
30 may 2013
Ven para o blogue e gaña
Dentro da modalidade fas fotos?, unha foto de Paula Martínez, alumna de 3º de ESO. A foto titúlase Colgante da Torre Eiffel. Se queres vela mellor, preme na imaxe.
Etiquetas:
actividades.,
concursos,
fotos,
Ven para o blogue
Ven para o blogue e gaña
Dentro da modalidade ti debuxas?, un deseño de Sara Buedo, alumna de 1º de ESO. Preme na imaxe para vela mellor.
Etiquetas:
actividades.,
concursos,
deseños,
Ven para o blogue
29 may 2013
Ven para o blogue e gaña
Dentro da modalidade fas fotos?, unha foto de Mar Otero, alumna de 1º de Bacharelato. Coma sempre, preme na foto para vela mellor
Etiquetas:
actividades.,
concursos,
fotos,
Ven para o blogue
28 may 2013
Instrucións para os comentarios de Ven para o blogue...
Lembrade que os comentarios para seren publicados teñen que vir correctamente identificados.
Tendes que pór:
Tendes que pór:
- Nome e apelidos
- Curso ao que pertencedes
Etiquetas:
comentarios,
Ven para o blogue,
xurado
23 may 2013
Remata o prazo!!!
Etiquetas:
concursos,
Ven para o blogue
22 may 2013
Ven para o blogue...
A nosa primeira publicación dentro da modalidade ti debuxas? Un debuxo de Andrea Gento, alumna de 1º de ESO. Preme na imaxe para vela mellor.
Etiquetas:
Actividades,
concursos,
debuxos,
Ven para o blogue
21 may 2013
Ven para o blogue...
Dentro da modalidade fas fotos?, unha foto de Daniel Torres titulada Lóstrego negro. Preme na imaxe para vela mellor.
Etiquetas:
Actividades,
fotografía,
Ven para o blogue
20 may 2013
Ven para o blogue...
Na modalidade ti escribes, un texto de Cristina Pérez, alumna de 3º de ESO.
Caminos, Cristina Pérez
Una foto. Una dedicatoria en ella. Miles de recuerdos vienen a mi cabeza. Pero ya nada es como era. Toda la gente que conocí, muchos se han ido; otros, simplemente siguen ahí, pero con los años han preferido borrar todas esas memorias. Yo, aquí sigo, recordando absolutamente todo, lo bueno y lo malo, viviendo en este llamado presente pero pensando en el futuro. Dicen que solo hay que vivir en el presente, pero mi mente no quiere aceptarlo. Pasado y futuro. Nada más. Solo recuerdos e imaginaciones. Dos palabras tan contrapuestas, pero mejores que lo hay que vivir.
Etiquetas:
Actividades,
concursos,
Ven para o blogue
15 may 2013
Queres ser xurado do concurso Ven para o blogue e gaña ...?
Todos os alumnos do Centro podedes ser xurados da segunda fase do concurso Ven para o blogue e gaña... Podedes facelo a través dos comentarios do blogue. Na parte inferior de cada entrada aparece unha anotación relativa aos comentarios ("No hay comentarios" ou o número de comentarios que hai). Se premedes aí, abrésevos unha ventá onde podedes escribir os vosos comentarios. Os datos persoais (nome, apelidos e curso ao que pertencedes) podes poñelos en "seleccionar perfil", escollendo a opción "nombre/URL". Votade polas obras que máis vos gusten. Tamén vos lembro que, á parte de xurado, todos podedes participar e presentar as vosas obras. Tendes seis modalidades para facelo. O prazo para presentar as vosas creacións remata o 24 de maio. Animádevos.
Etiquetas:
Actividades,
comentarios,
concursos,
Ven para o blogue,
xurado
13 may 2013
Flores de Satie para Kavafis. Actuación de Barakalaika
Este mércores, dentro da semana de actividades culturais, terá lugar a primeira actuación de Barakalaika, nome do Obradoiro de teatro do IES A Sardiñeira. Para esta actuación é preciso ter invitación que, como xa vos indicavamos na entrada anterior, podedes recoller na Biblioteca. Aqueles que non podades ver a representación nesta ocasión teredes unha nova oportunidade na semana do 27 ao 31 de maio. Haberá, en horario lectivo, unha segunda función para os alumnos de 3º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. Coma sempre, premede no cartaz para ver mellor a información.
Etiquetas:
Actividades,
Barakalaika,
Kavafis,
Satie,
semana cultural,
teatro
12 may 2013
Semana cultural
Xa está aquí a nosa tradicional semana de actividades culturais. Cerraremos as actividades coa representación da obra Flores de Satie para Kavafis. Para asistir a esta actividade é preciso ter invitación. As invitacións poden se recoller na Biblioteca. Premede na imaxe para ver mellor a información.
Etiquetas:
Actividades,
semana cultural
7 may 2013
Ven para o blogue e gaña...
Unha nova entrega dentro da modalidade fas fotos?. Como podedes ver, é a que maior número de participantes está tendo. Déixovos aquí unha foto de Daniel Torres, alumno de 2º de bacharelato, que se está a converter nun dos nosos colaboradores habituais. A foto titúlase Muerte en Venecia. Preme nela para vela mellor.
Etiquetas:
Actividades,
concursos,
fotos,
Ven para o blogue
6 may 2013
Ven para o blogue e gaña...
Dentro da modalidade fas fotos?, Primavera, de Cristina Pérez, alumna de 3º ESO. Preme na foto se queres vela mellor.
Etiquetas:
Actividades,
concursos,
fotos,
Ven para o blogue
30 abr 2013
Ven para o blogue e gaña...
Na modalidade fas fotos?, Caballos atados, foto de Héctor Ojea, alumno de 2º de Bacharelato. Preme na foto para vela mellor.
Etiquetas:
Actividades,
concursos.,
fotografía,
Ven para o blogue
29 abr 2013
Ven para o blogue e gaña...
Dentro da modalidade ti escribes?, un texto de Lara Pastoriza, alumna de 3º de ESO.
Una carta, veinte rosas y un adiós, Lara Pastoriza
Aún te recuerdo perfectamente. Como para no acordarme de ti, siendo lo más hermoso y maravilloso que he llegado a conocer en la vida. Sé que ahora ya es demasiado tarde para escribirte esto,
Etiquetas:
Actividades,
concursos,
Ven para o blogue
25 abr 2013
Ven para o blogue e gaña...
Na modalidade fas fotos?, fotografía de Paloma Mareque, alumna de 2º de ESO. A foto titúlase Inverno, Jaca. Preme nela para vela mellor.
Etiquetas:
Actividades,
concursos,
fotografía,
Ven para o blogue
23 abr 2013
Ven para o blogue e gaña
Nova publicación dentro da modalidade ti escribes? O texto é de Cristina Pérez Hermida, alumna de 3º de ESO.
Destinos cruzados, Cristina Pérez
Unha gota, dúas, tres… Infinitas. Abro os ollos, estou empapada. Miro ao teito: unha goteira.
A tormenta arrancou unha tella, terei que arranxala algún día…
Dende aquel accidente, non podo durmir, todo me vai mal. Sinto que, como sempre me ven soa, me miran compadecéndose. É insoportable.
A tormenta arrancou unha tella, terei que arranxala algún día…
Dende aquel accidente, non podo durmir, todo me vai mal. Sinto que, como sempre me ven soa, me miran compadecéndose. É insoportable.
Etiquetas:
Actividades,
concursos,
relatos,
Ven para o blogue
22 abr 2013
Ven para o blogue e gaña
Déixovos aquí a foto. Premede nela para vela mellor.
Etiquetas:
fotografía,
Ven para o blogue
16 abr 2013
Cine á carta. 18 comidas
Este xoves, 18 de
abril, proxectarase na Biblioteca 18 comidas, do director galego
Jorge Coira. Para obter máis información preme no cartaz.
Etiquetas:
Cine á carta,
cine-fórum,
cinema
10 abr 2013
Ven para o blogue e gaña
Dentro da modalidade fas fotos?, unha foto, sen título, de Raquel Monge, alumna de 2º de ESO. Preme nela para vela mellor.
Etiquetas:
actividades.,
concursos,
fotografía,
Ven para o blogue
8 abr 2013
Ven para o blogue e gaña...
Dentro da modalidade ti escribes?, a primeira publicación do concurso: un texto de Daniel Torres, alumno de 2º de Bacharelato. Lembrade que podedes participar na selección dos mellores traballos a través dos comentarios das entradas. Consultade as bases do concurso para saber o que tendes que facer.
Queso, de Daniel Torres
–¿Conocen
esa festividad en la que se tira un queso colina abajo y medio pueblo
se lanza tras él? Pues digamos que esa colina es mi vida, el imbécil
que va rodando a trompicones soy yo, y el queso es… el maldito
queso… Este es el problema. ¡Que no sé qué queso persigo!
Etiquetas:
Actividades,
concursos,
Ven para o blogue
3 abr 2013
Cine-fórum. As Diabólicas
Este xoves, 4 de abril, retomamos o Ciclo "Cine á Carta" coa proxección
da película As Diabólicas, do director francés H.G.Clouzot.
Etiquetas:
Actividades,
Cine á carta,
cine-fórum,
cinema
18 mar 2013
Cine-fórum. Un funeral de morte
Este xoves, 21 de marzo, dentro do ciclo Cine á Carta proxectarase Un funeral de morte, do director estadounidense Frank Oz. Se queres informarte máis polo miúdo, preme no cartaz.
Etiquetas:
Actividades,
Cine á carta,
cine-fórum,
cinema
12 mar 2013
Compartindo
Collage: Sara Huete |
Tamén é interesante mergullarse neste mapa e consultar a evolución dos dereitos das mulleres en España. Que dereitos tiñas se nacías muller, poñamos, en 1940? É posible que vos sorprendades do recentes que son moitos dos dereitos dos que gozamos.
Etiquetas:
bibliotecas,
Compartindo,
igualdade de xénero,
muller
10 mar 2013
A participación do IES A Sardiñeira na "Alborada para Rosalía"
Este ano 2013 cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos por Rosalía de Castro.
A Fundación Rosalía, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo e a Asociación de Gaiteiros Galegos promoveron a Alborada para Rosalía, un acto de homenaxe a Rosalía de Castro, un acto para conmemorar os cento cincuenta anos desta obra única.
Na mañá do domingo 24 de febreiro, aniversario do nacemento da escritora, ducias de grupos de música tradicional e gaiteir@s que o desexaron, saíron ás rúas, camiños, prazas, lugares simbólicos..., para botar unha peza na honra da poeta.
Non quedou ningún recuncho de terra sen o son das nosas gaitas en honor á Rosalía. O noso instituto non faltou á cita. Andrea Ramos Queixas (1º de Bacharelato), á pandeireta, e Sergio Pérez Piñeiro (1º da E.S.O.), coa gaita, interpretaron a Muiñeira de Maruxa no patio do noso centro.
Aquí vos queda a gravación da súa fermosa interpretación. Podedes acceder as do resto dos grupos participantes premendo aquí.
Que todos saiban que hoxe a gaita galega non chora, que canta...
A Fundación Rosalía, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo e a Asociación de Gaiteiros Galegos promoveron a Alborada para Rosalía, un acto de homenaxe a Rosalía de Castro, un acto para conmemorar os cento cincuenta anos desta obra única.
Na mañá do domingo 24 de febreiro, aniversario do nacemento da escritora, ducias de grupos de música tradicional e gaiteir@s que o desexaron, saíron ás rúas, camiños, prazas, lugares simbólicos..., para botar unha peza na honra da poeta.
Non quedou ningún recuncho de terra sen o son das nosas gaitas en honor á Rosalía. O noso instituto non faltou á cita. Andrea Ramos Queixas (1º de Bacharelato), á pandeireta, e Sergio Pérez Piñeiro (1º da E.S.O.), coa gaita, interpretaron a Muiñeira de Maruxa no patio do noso centro.
Aquí vos queda a gravación da súa fermosa interpretación. Podedes acceder as do resto dos grupos participantes premendo aquí.
Que todos saiban que hoxe a gaita galega non chora, que canta...
5 mar 2013
Cine-fórum. O Golpe
O próximo xoves, 7 de marzo, proxectarase na
Biblioteca a 2ª película do Ciclo Cine á Carta: O Golpe, do director
George Roy Hill. Para obter máis información preme no cartaz.
Etiquetas:
Actividades,
Cine á carta,
cine-fórum,
cinema
3 mar 2013
Ven para o blogue e gaña...
A primeira fase comeza xa. Enviádenos as vosas obras e as que foren seleccionadas serán publicadas no blogue. Segundo vaian sendo publicadas, recibirán como premio entradas de cine.
Na segunda fase, farase un concurso no que a mellor obra de cada modalidade obterá un novo premio. Nesta segunda fase, haberá un xurado constituído por cinco membros; un deles seredes vós, o alumnado. Podedes participar na selección de gañadores a través dos comentarios do blogue, dicindo que traballos vos gustan. Os premios desta segunda fase e a súa entrega comunicarase no momento oportuno.
Infórmate de cales son as modalidades e as bases para participares, ollando na páxina do menú da parte superior, Ven para o blogue... Bases. Tamén podes apañar as bases na Biblioteca. Se queres unha versión para imprimir, preme aquí.
Etiquetas:
Actividades,
concursos,
Ven para o blogue
8 feb 2013
Cine- fórum. O quinteto da morte
Dentro do ciclo de cine "Cine á Carta", este xoves, 14 de febreiro
proxectarase na biblioteca a película "O quinteto da morte" (The
Ladykillers) do director inglés Alexander MacKendrick. Se queres
informarte máis polo miúdo, preme no cartaz.
Etiquetas:
Cine á carta,
cine-fórum
5 feb 2013
Cine-fórum. Cine á carta
Finalizado o ciclo de cine "Terror e Suspense", o próximo xoves 14 de
febreiro dará comezo un novo ciclo: "Cine á Carta", no que se
proxectarán unha selección de películas escollidas por cada un dos
membros do equipo do cine-fórum. Para máis información, preme no cartaz.
Etiquetas:
Cine á carta,
cine-fórum
4 feb 2013
Recitando a Celso Emilio
O 12 de decembro de 1912 nacía en Celanova, Celso Emilio Ferreiro. Celso
Emilio foi escritor e político, cultivou a poesía e tamén a narrativa. O
seu poema Longa noite de pedra converteuno no máximo expoñente
da poesía social na literatura galega.
Para conmemorar o centenario do seu nacemento, o 12 de decembro de 2012,
ás 12:00 h., milleiros de mozos dos centros educativos de toda Galicia
participaron na convocatoria da Coordinadora Galega de Equipos de
Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) nun recital público e
simultáneo do poema Deitado frente ao mar, un dos seus poemas
máis emblemáticos.
Fixémolo no noso instituto con alumnado do 2º ciclo da ESO e de
bacharelato. Axudamos, pois, a manter viva a memoria dun dos grandes
poetas galegos do século XX.
Etiquetas:
Actividades,
Celso Emilio Ferreiro,
Poesía
29 ene 2013
Cine-fórum. Nosferatu
Este xoves, 31 de xaneiro, damos fin ao Ciclo de Cine "Terror e
Suspense" coa proxección do gran clásico do cine de terror "Nosferatu"
de F.W.Murnau. Non vola perdades! Preme no cartaz para obter máis información.
Etiquetas:
cine-fórum,
cinema
23 ene 2013
Cine-fórum. Os paxaros
Este xoves, 24 de xaneiro, retomamos o Ciclo de Cine "Terror e Suspense" coa proxección da película "Os Paxaros" de Alfred Hitchcock. Coma sempre terá lugar na Biblioteca do centro ás 16:30 da tarde. Esperámosvos a todos e todas. Para obter máis información, preme no cartaz.
Etiquetas:
cine-fórum,
cinema
Suscribirse a:
Entradas (Atom)