Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas

16 may 2019

Semana cultural

Esta semana tivo lugar o noso tradicional Maratón de Lectura. Este ano estivo dedicado ao teatro. Tamén contamos coa actuación do Coro do IES A Sardiñeira e, dentro das actividades da semana, teremos ocasión de asistir á proxección duns videopoemas realizados polo alumnado.

23 mar 2019

Conferencia de Rubén Ruibal

No martes 26, Rubén Ruibal virá falarnos da súa obra Limpeza de sangue. Á charla asistirán os alumnos de 1º e 2º de bacharelato. Esta conferencia é posíbel por ter sido incluída dentro do programa "Actividades literarias en institutos" do "Plan de fomento de la lectura" do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
https://drive.google.com/open?id=1FenArQdKpLHMivhz82i0jd-33Bwt74qF

25 sept 2014

Estamos de volta!

De todas as figuras xeométricas a circunferencia é a que mellor se asimila á idea básica e obsesiva de xustiza como equidade. Para os que no seu momento non estabades ou xa ides esquecéndoo, aquí vai unha mostra da representación de O circuliño de xiz de Alfonso Sastre.

7 jul 2013

Flores de Satie para Kavafis, Barakalaika

O obradoiro de teatro escolar Barakalaika xorde neste curso cunha vocación, quizais non compartida: antepoñer o pracer de percorrer o camiño á obriga de chegar a un destino, mostrando que só a vontade de pasalo ben nos pode abeirar do aburrimento e da súa sombra, a diversión. 


30 jun 2013

Representación de "O achado do castro"

A pura alegría que se transparenta nos seus xestos é motivo suficiente para reconducir, a través desta montaxe, pero sen desmentilo, o carácter naturalmente efémero do teatro.


13 may 2013

Flores de Satie para Kavafis. Actuación de Barakalaika

Este mércores, dentro da semana de actividades culturais, terá lugar a primeira actuación de Barakalaika, nome do Obradoiro de teatro do IES A Sardiñeira. Para esta actuación é preciso ter invitación que, como xa vos indicavamos na entrada anterior, podedes recoller na Biblioteca. Aqueles que non podades ver a representación nesta ocasión teredes unha nova oportunidade na semana do 27 ao 31 de maio. Haberá, en horario lectivo, unha segunda función para os alumnos de 3º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. Coma sempre, premede no cartaz para ver mellor a información.

31 oct 2012

Obradoiro de teatro

Dende a biblioteca queremos constituír un grupo de teatro escolar estable que comece este curso por dramatizar textos que se cadra non foran compostos para a súa posta en escena. Anímate e participa.

2 may 2012

Semana de actividades. Conferencia

Mañá xoves dá comezo a tradicional semana de actividades da Biblioteca. Iniciamos esta nova edición cunha conferencia de Tucho Calvo sobre Paz Andrade. Para ver o resto das actividades premede no cartel.


10 abr 2011

Exposición Día mundial do teatro





Temos unha exposición, a piques de rematar, no vestíbulo do Centro, para aprender máis sobre o teatro. Se respondedes adecuadamente o cuestionario, pode haber premio. Entrades no sorteo das enquisas. Non deixedes de facelo!

Conferencia de Santiago Fernández

Cun pouco de retraso, como xa vai sendo habitual, cóntovos algo da marabillosa conferencia de Santiago Fernández no Día mundial do teatro. Contaxionos a súa paixón polo teatro e falounos das fluctuantes liñas que separan a representación e o cotiá e da natureza específica do teatral. Un pracer. Grazas, Santiago.

26 mar 2011

Día mundial do teatro





Este luns celebraremos o Día mundial do teatro ( 27 de marzo). Ás 10.45 Santiago Fernández introduciranos no mundo do teatro coa súa prodixiosa voz. Tamén poderedes ver (e traballar) a exposición dedicada a esta arte que estará na entrada do centro.