Con motivo do Samaín, realizamos un concurso de cabazas no que participaron, como xa é tradición, os alumnos de 1º da ESO. Tamén fixeron un mural con refráns e adiviñas que tiveron como protagonista a castaña. Disto deixámosvos mostras nas fotos. Do que xa non podemos dar nin a proba é das castañas do magosto co que rematamos a festa. Espero que todos tiverades ocasión de as degustar.
Parabens aos gañadores do concurso!
A música que soa é un fragmento de Autumn Leaves, en versión de Eric Clapton.
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas
25 nov 2014
20 nov 2013
Celebramos o Samaín!
Os
alumnos e alumnas de 1º da ESO decoraron as súas cabazas para
celebrar o Samaín. Houbo premios. Foron os alumnos e alumnas de 2º
de Bach os encargados de votar. Deixámosvos algunhas mostras dos resultados. Preme na foto para vela mellor. Se queres ver un par de fotos máis, mira aquí e aquí.
Etiquetas:
Actividades,
Samaín
27 oct 2010
Samaín
O venres 29 os nosos alumnos de 1º da ESO están de festa: van celebrar o Samaín. Decorararán as típicas cabazas e logo irán en procesión por todo o Instituto. Tamén teremos dúas exposicións. Unha, na entrada do centro, na que se mostrará unha antoloxía de fragmentos de relatos de terror ilustrados polos alumnos de 4º de ESO (tedes na marxe unha mostra). A outra exposición estará na biblioteca e o tema, como vos podedes imaxinar, será o terror!!! Non o esquezades, tedes unha cita, se vos atrevedes...
Etiquetas:
Actividades,
Samaín,
terror
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
