Solicitude de carné
Poden solicitar o carné de usuario os alumnos do Centro, o seus pais e os seus irmáns. A solicitude farase cubrindo o impreso que hai na Biblioteca ou ben por correo electrónico (bibliotecasardineira@gmail.com) poñendo os seguintes datos:- Apelidos e nome
- Enderezo, código postal e localidade
- Data de nacemento
- Relación co Centro (indicar curso e grupo)
- Correo electrónico e teléfono
Préstamo a domicilio
- Para acceder a este servizo, é preciso ter carné da biblioteca.
- A duración do préstamo é de 15 días renovables por outros 15, excepto o material audiovisual, que non admite renovación, e as publicacións periódicas, que só serán prestadas por un período de 4 días e un exemplar de cada vez. Tampouco é posible renovar o préstamo dos exemplares que se atopan en lista de espera.
- Pódense levar un máximo de 3 documentos, incluídos os audiovisuais e con excepción das publicacións periódicas, suxeitas ás condicións expostas con anterioridade.
- Están excluídos do préstamo os materiais de consulta
- É un tipo de préstamo especial destinado aos profesores que necesitan traballar cos libros na aula. Este préstamo non está afectado pola limitación de días e número de exemplares do préstamo a domicilio, pero si é necesario solicitar o préstamo do mesmo xeito.
- Só se poden efectuar reservas de exemplares que estean prestados. A reserva realizarase na propia biblioteca.
- Os materiais reservados terán que ser retirados nun prazo máximo de 3 días a partir da comunicación da súa dispoñibilidade.
- En caso de incumprimento do prazo de devolución dos préstamos, non se poderá acceder a este servizo durante un número de días equivalente aos de demora (1 día por cada documento e día de retraso). Se, despois de efectuada a reclamación, a demora persiste, pode ser considerada falta disciplinaria leve.
- Non recoller unha reserva será sancionado do mesmo xeito que a demora no préstamo.
- En caso de deterioro grave dos materiais emprestados ou de perda, o usuario deberá repoñelos. No caso de que non fose posible atopar outro exemplar, será substituído por outro similar.