De todas as figuras xeométricas a circunferencia é a que mellor se asimila á idea básica e obsesiva de xustiza como equidade. Para os que no seu momento non estabades ou xa ides esquecéndoo, aquí vai unha mostra da representación de O circuliño de xiz de Alfonso Sastre.
Mostrando entradas con la etiqueta Barakalaika. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Barakalaika. Mostrar todas las entradas
25 sept 2014
12 may 2014
Teatro na Biblioteca: O circuliño de xiz, de Alfonso Sastre.
¿Quen hai tan inflado de palabras ocas que non vexa a diferenza entre os que queren de corazón e os que simplemente cobizan? En O circuliño de xiz Alfonso Sastre recórdanola: só os que de veras aman saben que non todo é posible e por que.
Preme na imaxe para obteres máis información.
Preme na imaxe para obteres máis información.
Etiquetas:
Actividades,
Barakalaika,
Producións Dromodrama,
semana cultural
7 jul 2013
Flores de Satie para Kavafis, Barakalaika
O obradoiro de teatro escolar Barakalaika xorde neste curso cunha vocación, quizais non compartida: antepoñer o pracer de percorrer o camiño á obriga de chegar a un destino, mostrando que só a vontade de pasalo ben nos pode abeirar do aburrimento e da súa sombra, a diversión.
Etiquetas:
Actividades,
Barakalaika,
Kavafis,
Satie,
teatro
13 may 2013
Flores de Satie para Kavafis. Actuación de Barakalaika
Este mércores, dentro da semana de actividades culturais, terá lugar a primeira actuación de Barakalaika, nome do Obradoiro de teatro do IES A Sardiñeira. Para esta actuación é preciso ter invitación que, como xa vos indicavamos na entrada anterior, podedes recoller na Biblioteca. Aqueles que non podades ver a representación nesta ocasión teredes unha nova oportunidade na semana do 27 ao 31 de maio. Haberá, en horario lectivo, unha segunda función para os alumnos de 3º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. Coma sempre, premede no cartaz para ver mellor a información.
Etiquetas:
Actividades,
Barakalaika,
Kavafis,
Satie,
semana cultural,
teatro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

