16 may 2019
Semana cultural
Esta semana tivo lugar o noso tradicional Maratón de Lectura. Este ano estivo dedicado ao teatro. Tamén contamos coa actuación do Coro do IES A Sardiñeira e, dentro das actividades da semana, teremos ocasión de asistir á proxección duns videopoemas realizados polo alumnado.
Etiquetas:
maratón de lectura,
semana cultural,
teatro
25 abr 2019
Charla con Nando López
Etiquetas:
charlas,
encontros con escritores
23 abr 2019
Poesía e graffiti con Dores Tembrás
O alumnado de 1º de bacharelato tivo a sorte de compartir a tarde do pasado martes, 9 de abril, con Dores Tembrás nun obradoiro de poesía e graffiti que serviu non só para reflexionar sobre a esencia do poético, senón tamén para interpretar algunhas das suxestivas pintadas seleccionadas pola poetisa: “Solo solos somos libres”. Así valoraron algúns dos nosos alumnos este encontro: “moi reflexivo, moi inspirador”; “conseguiu captar a miña atención”; “múltiples interpretacións”...
Etiquetas:
graffiti,
obradoiros,
Poesía
23 mar 2019
Conferencia de Rubén Ruibal
No martes 26, Rubén Ruibal virá falarnos da súa obra Limpeza de sangue. Á charla asistirán os alumnos de 1º e 2º de bacharelato.
Esta conferencia é posíbel por ter sido incluída dentro do programa
"Actividades literarias en institutos" do "Plan de fomento de la
lectura" do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
9 mar 2019
Conferencia de Cándido Pazó
26 feb 2019
Novas sobre os Clubs de Lectura
Xa tivemos as primeiras reunións dos Clubs de Lectura; falamos sobre a Canción de Nadal, de Charles Dickens, no Club
Caladoiro. Sobre O asesinato de Roger Acroyd e O hibisco púrpura, no Club
Interniveis e, no Club de adultos, comentamos Enderezo descoñecido.
As seguintes lecturas van ser:
Senlleiras, de Antía Yáñez, para Interniveis.
Viaxe ao centro da Terra, de Xulio Verne, para Caladoiro.
La uruguaya, de Pedro Mairal, para o Club de adultos.
Desaparecido, de Kei Sanbe, para o Club de Manga.
Etiquetas:
club de lectura
14 feb 2019
Conferencias: Divulgación científica da UDC
Informámosvos das conferencias que tivemos nos últimos días, ofrecidas pola Universidade da Coruña. Haberá máis e esperamos poder ir informándovos de todas elas.
![]() |
| Imaxe creada por freepik www.freepik.es |
25 de xaneiro
Conferencia de Juan Casto Rivadulla sobre Neurociencia, Estás seguro do que ves? Asistiron os alumnos de 2º e 1º de bacharelato, das materias de Psicoloxía e Filosofía, e o o alumnado de 4º de ESO da materia de Filosofía.5 de febreiro
Conferencia de Mª Teresa Rodríguez Blas: Na búsqueda da felicidade: A Química "extraordinaria " da vida ordinaria. Alumnado asistente: 2ºESO A e B e PEMAR.
Etiquetas:
conferencias,
divulgación científica,
USC
24 ene 2019
15 ene 2019
Reunións do Club de Lectura
Club interniveis
- Martes, 15 de xaneiro, ás 14:30: O asasinato de Roger Ackroyd.
- Martes, 22 de xaneiro, ás 14:30: O hibisco púrpura.
Club "Caladoiro"
- Martes, 29 de xaneiro, ás 14:30: Canción de Nadal.
Club adultos
- Martes, 22 de xaneiro, ás 18:10: Enderezo descoñecido
Etiquetas:
club de lectura
22 nov 2018
Encontro con Ledicia Costas
Xa nos visitou Ledicia Costas, falou sobre o libro que leu ou está a ler
o alumnado de 3º e fixéronselle moitas preguntas. Ao rematar asinou
exemplares dos seus libros. Desde a Biblioteca queremos agradecer á
Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e ao Servizo de
Normalización do Concello da Coruña que fixesen posible este Encontro.
Etiquetas:
charlas,
Encontros,
o autor e a súa obra
21 nov 2018
Libros do Club de Lectura Interniveis
Os integrantes do Club de Lectura Interniveis tiveron a primeira renión e dividíronse en dous grupos para ler:
O asasinato de Roger Ackoyd, de Agatha Christie
O hibisco púrpura, de Chimamanda Ngozi Adichie.
O asasinato de Roger Ackoyd, de Agatha Christie
O hibisco púrpura, de Chimamanda Ngozi Adichie.
Etiquetas:
Club de Lectura Interniveis
20 nov 2018
Charla de Ledicia Costas
Etiquetas:
charlas,
o autor e a súa obra
8 nov 2018
Voluntariado na Biblioteca
Xa está aberta a convocatoria para inscribirse como voluntario na Biblioteca. Se queres participar, tes que pasar pola Biblioteca para apuntarte. Tendes de prazo ata o 15 de novembro.
Etiquetas:
convocatorias,
Voluntariado Biblioteca
30 oct 2018
Club de Lectura
Xa está en marcha o Club de Lectura para o curso 2018-19. Aquí tendes os grupos que se van organizar. Esperamos contar coa vosa participación.
- Club de Lectura Caladoiro
Niveis: 1º, 2º e 3º de ESO.
O alumnado interesado en participar no Club de Lectura tense que anotar na Biblioteca antes do día 16 de novembro, venres.
A reunión informativa, unha vez constituído o Club, terá lugar o luns, 19 de novembro no 1º recreo. Nesta reunión acordarase o primeiro libro a ler no Club, así como se fixará a data de reparto dos libros que, en todo caso, será antes das vacacións do Nadal. - Club de Lectura Interniveis
Niveis: 4º de ESO, 1 e 2º de Bacharelato.
O alumnado interesado en participar no Club de Lectura tense que anotar na Biblioteca antes do día 9 de novembro, venres.
A reunión informativa, unha vez constituído o Club, terá lugar o luns, 12 de novembro no 1º recreo. Nesta reunión acordarase o primeiro libro a ler no Club, así como se fixará a data de reparto dos libros que, en todo caso, será antes das vacacións do Nadal. - Club de Lectura para adultos
As persoas interesadas en participar no Club de Lectura tense que anotar na Biblioteca ou mediante correo electrónico (bibliotecasardineira@gmail.com) antes do día 16 de novembro, venres.
A reunión informativa, unha vez constituído o Club, terá lugar o martes, 20 de novembro as 18:15 h na Biblioteca. Nesta reunión acordarase o primeiro libro a ler no Club, así como se fixará a data de reparto dos libros que, en todo caso, será antes das vacacións do Nadal.
Etiquetas:
club de lectura
9 may 2018
8 may 2018
Conferencia de Xoán Babarro
Mañán, 9 de maio, Xoán Babarro falará da súa obra, Hilario e os tres medos. A charla estará dirixida ao alumnado de 1º de ESO.
Etiquetas:
Actividades,
conferencias,
semana cultural
Maratón de lectura
Hoxe, dentro das actividades da Semana cultural, temos o maratón de lectura. O tema: Literatura en feminino.
Etiquetas:
maratón de lectura,
semana cultural
5 may 2018
Conferencia de Raúl Veiga
No luns 7, ás 12:45, teremos a conferencia de Raúl Veiga, Escribir para o cinema, á que está previsto que asistan os alumnos de 1º de bacharelato.
3 may 2018
Semana cultural
A nosa tradicional Semana cultural xa está aquí. Hai actividades para todos. Esperamos que teñades ocasión de gozar e aprender.
A festa arrinca mañán, venres 4, cunha conferencia de Marilar Aleixandre. Iremos vos informando, día a día, de todo o que aconteza mais, para vós ir facendo unha idea, quédavos aquí o programa das actividades. Se queres velo mellor, preme na imaxe.
A festa arrinca mañán, venres 4, cunha conferencia de Marilar Aleixandre. Iremos vos informando, día a día, de todo o que aconteza mais, para vós ir facendo unha idea, quédavos aquí o programa das actividades. Se queres velo mellor, preme na imaxe.
Etiquetas:
Actividades,
semana cultural
20 abr 2018
Conferencia: Historia do libro
Luns, 23 de abril, ás 12:45, terá lugar a conferencia de Mercedes López-Mayán Navarrete, Historia do libro. Estará dirixida aos alumnos de ESO de 3ºB, de 4ºB e aos alumnos de 1º B bacharelato.
Etiquetas:
Actividades,
conferencias
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















