Os alumnos de Literatura galega do século XX -Adrián, Gema, Irene, Rocío, Sabrina e Tamara- puxéronlle voz ao Abecedario escrito por Lois Pereiro. Velaquí a súa contribución ao Día das letras galegas.
9 may 2011
1 may 2011
Ernesto Sábato
Onte, 30 de abril, morreu Ernesto Sábato. Das moitas cousas que se poden dicir del, hoxe queremos lembrar a súa loita constante contra á sinrazón que esgana a liberdade. Queixábase de que "la vida es tan corta y el oficio de vivir tan difícil, que cuando uno empieza a aprenderlo, hay que morirse".Na biblioteca podedes atopar El túnel (C-N/SÁB/tún). Para máis información, premede aquí.
Etiquetas:
Ernesto Sábato.
Zume de texto, ilustracións dalgúns dos relatos de ciencia ficción
Os alumnos do segundo ciclo de secundaria e de primeiro de bacharelato fixeron uns fermosos traballos dentro das actividades da materia de Plástica. Á parte da edición en papel que realizaron, tamén podedes ver o seu traballo aquí. Felicitacións!
Etiquetas:
Actividades,
concursos,
Plástica,
relatos.
Entrega de premios
A fin do timestre estivo chea de premios. Repartimos os premios do 1º concurso de relatos de ciencia ficción e rifamos as entradas de cine entre todos aqueles que superáchedes tódolos traballos realizados este trimestre (Día da poesía, Caramelízate, Día do teatro e Investigando a ciencia). Os gañadores do concurso literario foron:
1ª categoría (1º ciclo da ESO):
1º premio: A viaxe inesperada, de Tamara Lorenzo Sar, 1º ESO.
Premio especial do xurado: A viaxe fantástica, de Leila Mª Santos Alvite, 1º ESO.
2ª categoría (2º ciclo da ESO):
1º premio: Crónica dun mundo desamparado, de María Roca Outeiro, 4º ESO.
Premio especial do xurado: Transxene, de Antía Fraga Lourido, 4º ESO.
Premio especial do xurado: Xan, de Daniel Torres Fernández, 4º ESO.
Parabéns a todos, aos que tivéchedes algún pemio e aos que non. A vosa participación foi o noso premio. Grazas.
1º premio: A viaxe inesperada, de Tamara Lorenzo Sar, 1º ESO.
Premio especial do xurado: A viaxe fantástica, de Leila Mª Santos Alvite, 1º ESO.
2ª categoría (2º ciclo da ESO):
1º premio: Crónica dun mundo desamparado, de María Roca Outeiro, 4º ESO.
Premio especial do xurado: Transxene, de Antía Fraga Lourido, 4º ESO.
Premio especial do xurado: Xan, de Daniel Torres Fernández, 4º ESO.
Parabéns a todos, aos que tivéchedes algún pemio e aos que non. A vosa participación foi o noso premio. Grazas.
Etiquetas:
Actividades,
concursos.
10 abr 2011
Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares
Como sabedes, a nosa bibliotecas está incluída no Plan de mellora de bibliotecas escolares e esta semana, o xoves e o venres, estivemos nos Encontros que organizan. Alí levamos parte dos materiais que realizamos este curso e volvimos con ideas para seguir mellorando o noso traballo. Espero que vos beneficiedes delas!
Exposición Día mundial do teatro
Temos unha exposición, a piques de rematar, no vestíbulo do Centro, para aprender máis sobre o teatro. Se respondedes adecuadamente o cuestionario, pode haber premio. Entrades no sorteo das enquisas. Non deixedes de facelo!
Etiquetas:
Actividades,
educación documental,
Exposicións,
teatro
Conferencia de Santiago Fernández
Cun pouco de retraso, como xa vai sendo habitual, cóntovos algo da marabillosa conferencia de Santiago Fernández no Día mundial do teatro. Contaxionos a súa paixón polo teatro e falounos das fluctuantes liñas que separan a representación e o cotiá e da natureza específica do teatral. Un pracer. Grazas, Santiago.
Etiquetas:
Actividades,
conferencias,
Santiago Fernández.,
teatro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


