4 nov 2014

Día da Ciencia en Galego: Exposición

A semana pasada iniciamos a celebración do Día da Ciencia en Galego cunha exposición: Ciencia, muller, galego. Adiviña que teñen en común. A exposición estará no vestíbulo do Centro até o 6 de novembro. Esta exposición é parte doutra organizada pola Biblioteca sobre Igualdade de xénero, realizada coa colaboración de: Departamento de Matemáticas, Departamento de Xeografía e Historia, Departamento de Lingua galega e Literatura, Departamento de Lingua castelá e Literatura, Departamento de Inglés e Departamento de Filosofía.
A conmemoración do Día da Ciencia en Galego concluirá coa tradicional mostra dos máis variados e espectaculares experimentos, realizados polo alumnado do Ciclo, que terá lugar o día 7 de novembro.

27 oct 2014

Cine-fórum: O maquinista da "General"

Mércores 29, dentro do ciclo Comedia en branco e negro, proxectarase o filme O maquinista da "General", dirixida por Buster Keaton. Como sempre, será ás 16:30 na Biblioteca. Para vos informardes máis polo miúdo, premede no cartaz.
https://sites.google.com/site/cousasblog/1.Cartaz%20The%20General%20site.jpg

17 oct 2014

Cine-fórum

Volve o Cine-fórum!, este ano adicado ao cine en branco o negro. As películas seleccionadas son as que figuran no cartaz. Preme nel para obteres máis información.
O mércores, 29 de outubro, proxectaremos na biblioteca a primeira película do ciclo Comedia en Branco e Negro, coma sempre en horario de 16:30.
https://sites.google.com/site/cousasblog/0.Ciclo%20Comedia%20en%20Branco%20e%20Negro%20para%20site.jpg

6 oct 2014

Compartindo. Ben falado, Emma Watson!

Enma Watson lanza a campaña HeForShe diante do comité das Nacións Unidas. O obxectivo é conseguir que o sexo masculino se sume aos esforzos para terminar coa discriminación contra as mulleres e se una ao movemento feminista.
Compárteo Olga Pedrouzo. 

Compartindo

Lémbrovos, como sempre que iniciamos esta sección, que está aberta á participación de toda a comunidade educativa (profesores, alumnos, pais e persoal non docente). É unha sección do blogue que está concibida para compartir aquelas cousas que nos gustan, que nos resultan interesantes. O único que tendes de facer é enviar o arquivo ou o enlace do que queirades que se suba ao blogue acompañado dun pequeno texto que explique as razóns que vos levan a compartilo. Enviádeo ao correo do blogue: blogbibliosardineira@gmail.com. 
Agardamos as vosas colaboracións!

30 sept 2014

O noso horario

Foto: Chema Madoz
Este curso teremos o mesmo horario que o curso anterior:
  • Mañás, de luns a venres: de 9:35 a 13:35.
  • Tardes de luns, mércores e xoves: de 16:30 a 18:10.
Lembrade que, ás tardes, podedes contar coa axuda dos profesores da Biblioteca para os vosos estudos. Agardamos por vós!

25 sept 2014

Estamos de volta!

De todas as figuras xeométricas a circunferencia é a que mellor se asimila á idea básica e obsesiva de xustiza como equidade. Para os que no seu momento non estabades ou xa ides esquecéndoo, aquí vai unha mostra da representación de O circuliño de xiz de Alfonso Sastre.