9 abr 2018

Conferencia: Grandes erros na historia da ciencia

Martes, 10 de abril, ás 12:45, terá lugar a conferencia de Moisés Canle López, Grandes erros na historia da ciencia. Estará dirixida aos alumnos dos Ciclos de FP.

20 mar 2018

Conferencia: Para que serve o urbanismo

Hoxe, ás 12:45, terá lugar a conferencia de Cándido López González, Para que serve o urbanismo. Estará dirixida ao alumnado de 3º de ESO.


13 mar 2018

Día de Rosalía: V concurso de recitado

Se queredes ver os participantes no concurso de recitado, premede aquí.

4 mar 2018

Conferencia: Un paseo polo rueiro coruñés. Nomes propios en feminino singular

https://drive.google.com/file/d/1amsD0MaBZ08XUOfBROuODeEdP8QSk0bz/view?usp=sharing
No martes 6, ás 16:30, teremos na Biblioteca a conferencia de Mercedes Queixas: Un paseo polo rueiro coruñés. Nomes propios en feminino singular. Esta conferencia está incluída dentro do programa "Actividades literarias en institutos" do "Plan de fomento de la lectura" do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, que este ano nos ofrece o suxestivo lema "Leer te da vidas extras".

27 feb 2018

Conferencia de neurociencia: A cabeza non para

Hoxe, na Biblioteca, ás 16:30, terá lugar a conferencia de Juan Casto Rivadulla,  A cabeza non para. Organizada en colaboración co Departamento de Filosofía, está previsto que asistan os alumnos de 1º de bacharelato e os de 2º da materia de Psicoloxía.

6 feb 2018

Día de Rosalía

https://drive.google.com/file/d/1qkRPRRvnRBNuLGSc5bj5I5wG7Qz6y3xV/view?usp=sharingEste ano celebramos o concurso o 23 de febreiro, venres. Agardamos a vosa participación. Premede na imaxe para obterdes máis información.
Hai unha modificación na hora da realización do acto. Será a 4ª hora (11:35), non a 5ª.

Club de lectura: O anxo negro, de Manuel Gago

Para todos aqueles que estades a ler O anxo negro, lembrade que a reunión é no martes, 20 de febreiro.