Xa está aberta a convocatoria para inscribirse como voluntario na Biblioteca. Se queres participar, tes que pasar pola Biblioteca para apuntarte. Tendes de prazo ata o 15 de novembro.
8 nov 2018
30 oct 2018
Club de Lectura
Xa está en marcha o Club de Lectura para o curso 2018-19. Aquí tendes os grupos que se van organizar. Esperamos contar coa vosa participación.
- Club de Lectura Caladoiro
Niveis: 1º, 2º e 3º de ESO.
O alumnado interesado en participar no Club de Lectura tense que anotar na Biblioteca antes do día 16 de novembro, venres.
A reunión informativa, unha vez constituído o Club, terá lugar o luns, 19 de novembro no 1º recreo. Nesta reunión acordarase o primeiro libro a ler no Club, así como se fixará a data de reparto dos libros que, en todo caso, será antes das vacacións do Nadal. - Club de Lectura Interniveis
Niveis: 4º de ESO, 1 e 2º de Bacharelato.
O alumnado interesado en participar no Club de Lectura tense que anotar na Biblioteca antes do día 9 de novembro, venres.
A reunión informativa, unha vez constituído o Club, terá lugar o luns, 12 de novembro no 1º recreo. Nesta reunión acordarase o primeiro libro a ler no Club, así como se fixará a data de reparto dos libros que, en todo caso, será antes das vacacións do Nadal. - Club de Lectura para adultos
As persoas interesadas en participar no Club de Lectura tense que anotar na Biblioteca ou mediante correo electrónico (bibliotecasardineira@gmail.com) antes do día 16 de novembro, venres.
A reunión informativa, unha vez constituído o Club, terá lugar o martes, 20 de novembro as 18:15 h na Biblioteca. Nesta reunión acordarase o primeiro libro a ler no Club, así como se fixará a data de reparto dos libros que, en todo caso, será antes das vacacións do Nadal.
Etiquetas:
club de lectura
9 may 2018
8 may 2018
Conferencia de Xoán Babarro
Mañán, 9 de maio, Xoán Babarro falará da súa obra, Hilario e os tres medos. A charla estará dirixida ao alumnado de 1º de ESO.
Etiquetas:
Actividades,
conferencias,
semana cultural
Maratón de lectura
Hoxe, dentro das actividades da Semana cultural, temos o maratón de lectura. O tema: Literatura en feminino.
Etiquetas:
maratón de lectura,
semana cultural
5 may 2018
Conferencia de Raúl Veiga
No luns 7, ás 12:45, teremos a conferencia de Raúl Veiga, Escribir para o cinema, á que está previsto que asistan os alumnos de 1º de bacharelato.
3 may 2018
Semana cultural
A nosa tradicional Semana cultural xa está aquí. Hai actividades para todos. Esperamos que teñades ocasión de gozar e aprender.
A festa arrinca mañán, venres 4, cunha conferencia de Marilar Aleixandre. Iremos vos informando, día a día, de todo o que aconteza mais, para vós ir facendo unha idea, quédavos aquí o programa das actividades. Se queres velo mellor, preme na imaxe.
A festa arrinca mañán, venres 4, cunha conferencia de Marilar Aleixandre. Iremos vos informando, día a día, de todo o que aconteza mais, para vós ir facendo unha idea, quédavos aquí o programa das actividades. Se queres velo mellor, preme na imaxe.
Etiquetas:
Actividades,
semana cultural
Suscribirse a:
Entradas (Atom)