24 ene 2019
15 ene 2019
Reunións do Club de Lectura
Club interniveis
- Martes, 15 de xaneiro, ás 14:30: O asasinato de Roger Ackroyd.
- Martes, 22 de xaneiro, ás 14:30: O hibisco púrpura.
Club "Caladoiro"
- Martes, 29 de xaneiro, ás 14:30: Canción de Nadal.
Club adultos
- Martes, 22 de xaneiro, ás 18:10: Enderezo descoñecido
Etiquetas:
club de lectura
22 nov 2018
Encontro con Ledicia Costas
Xa nos visitou Ledicia Costas, falou sobre o libro que leu ou está a ler
o alumnado de 3º e fixéronselle moitas preguntas. Ao rematar asinou
exemplares dos seus libros. Desde a Biblioteca queremos agradecer á
Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e ao Servizo de
Normalización do Concello da Coruña que fixesen posible este Encontro.
Etiquetas:
charlas,
Encontros,
o autor e a súa obra
21 nov 2018
Libros do Club de Lectura Interniveis
Os integrantes do Club de Lectura Interniveis tiveron a primeira renión e dividíronse en dous grupos para ler:
O asasinato de Roger Ackoyd, de Agatha Christie
O hibisco púrpura, de Chimamanda Ngozi Adichie.
O asasinato de Roger Ackoyd, de Agatha Christie
O hibisco púrpura, de Chimamanda Ngozi Adichie.
Etiquetas:
Club de Lectura Interniveis
20 nov 2018
Charla de Ledicia Costas
Etiquetas:
charlas,
o autor e a súa obra
8 nov 2018
Voluntariado na Biblioteca
Xa está aberta a convocatoria para inscribirse como voluntario na Biblioteca. Se queres participar, tes que pasar pola Biblioteca para apuntarte. Tendes de prazo ata o 15 de novembro.
Etiquetas:
convocatorias,
Voluntariado Biblioteca
30 oct 2018
Club de Lectura
Xa está en marcha o Club de Lectura para o curso 2018-19. Aquí tendes os grupos que se van organizar. Esperamos contar coa vosa participación.
- Club de Lectura Caladoiro
Niveis: 1º, 2º e 3º de ESO.
O alumnado interesado en participar no Club de Lectura tense que anotar na Biblioteca antes do día 16 de novembro, venres.
A reunión informativa, unha vez constituído o Club, terá lugar o luns, 19 de novembro no 1º recreo. Nesta reunión acordarase o primeiro libro a ler no Club, así como se fixará a data de reparto dos libros que, en todo caso, será antes das vacacións do Nadal. - Club de Lectura Interniveis
Niveis: 4º de ESO, 1 e 2º de Bacharelato.
O alumnado interesado en participar no Club de Lectura tense que anotar na Biblioteca antes do día 9 de novembro, venres.
A reunión informativa, unha vez constituído o Club, terá lugar o luns, 12 de novembro no 1º recreo. Nesta reunión acordarase o primeiro libro a ler no Club, así como se fixará a data de reparto dos libros que, en todo caso, será antes das vacacións do Nadal. - Club de Lectura para adultos
As persoas interesadas en participar no Club de Lectura tense que anotar na Biblioteca ou mediante correo electrónico (bibliotecasardineira@gmail.com) antes do día 16 de novembro, venres.
A reunión informativa, unha vez constituído o Club, terá lugar o martes, 20 de novembro as 18:15 h na Biblioteca. Nesta reunión acordarase o primeiro libro a ler no Club, así como se fixará a data de reparto dos libros que, en todo caso, será antes das vacacións do Nadal.
Etiquetas:
club de lectura
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







