14 feb 2019

Conferencias: Divulgación científica da UDC

Informámosvos das conferencias que tivemos nos últimos días, ofrecidas pola Universidade da Coruña. Haberá máis e esperamos poder ir informándovos de todas elas.
<a href="https://www.freepik.es/fotos-vectores-gratis/fondo">Vector de fondo creado por freepik - www.freepik.es</a>
Imaxe creada por freepik
www.freepik.es
  •  25 de xaneiro

    Conferencia de Juan Casto Rivadulla sobre Neurociencia, Estás seguro do que ves? Asistiron os alumnos de 2º e 1º de bacharelato, das materias de Psicoloxía e Filosofía, e o o alumnado de 4º de ESO da materia de Filosofía.
  •  5 de febreiro

    Conferencia de Mª Teresa Rodríguez Blas: Na búsqueda da felicidade: A Química "extraordinaria " da vida ordinaria. Alumnado asistente: 2ºESO A e B e PEMAR.

15 ene 2019

Reunións do Club de Lectura


O Club de Lectura reunirase nas seguintes datas:

Club interniveis

  • Martes, 15 de xaneiro, ás 14:30: O asasinato de Roger Ackroyd.
  • Martes, 22 de xaneiro, ás 14:30: O hibisco púrpura.

Club "Caladoiro"

  • Martes, 29 de xaneiro, ás 14:30: Canción de Nadal.

Club adultos

  • Martes, 22 de xaneiro, ás 18:10: Enderezo descoñecido
 

22 nov 2018

Encontro con Ledicia Costas

Xa nos visitou Ledicia Costas, falou sobre o libro que leu ou está a ler o alumnado de 3º e fixéronselle moitas preguntas. Ao rematar asinou exemplares dos seus libros. Desde a Biblioteca queremos agradecer á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e ao Servizo de Normalización do Concello da Coruña que fixesen posible este Encontro.
 

21 nov 2018

Libros do Club de Lectura Interniveis

Os integrantes do Club de Lectura Interniveis tiveron a primeira renión e dividíronse en dous grupos para ler:

O asasinato de Roger Ackoyd, de Agatha Christie






O hibisco púrpura, de Chimamanda Ngozi Adichie.

20 nov 2018

Charla de Ledicia Costas

O mércores 21 vén Ledicia Costas para falar co alumnado de 3º da ESO sobre o seu libro  O corazón de Xúpiter.

8 nov 2018

Voluntariado na Biblioteca

Xa está aberta a convocatoria para inscribirse como voluntario na Biblioteca. Se queres participar, tes que pasar pola Biblioteca para apuntarte. Tendes de prazo ata o 15 de novembro.