24 nov 2013

A Historia no Cine: La Vaquilla

Nesta semana, dentro do ciclo A Historia no Cine, proxectarase La Vaquilla, do director español Luís García Berlanga. Coma siempre, terá lugar na Biblioteca do centro ás 16:30. Se queres informarte máis polo miúdo, preme no cartaz.

20 nov 2013

Celebramos o Samaín!


https://sites.google.com/site/cousasblog/Cabaza%201.jpgOs alumnos e alumnas de 1º da ESO decoraron as súas cabazas para celebrar o Samaín. Houbo premios. Foron os alumnos e alumnas de 2º de Bach os encargados de votar. Deixámosvos algunhas mostras dos resultados. Preme na foto para vela mellor. Se queres ver un par de fotos máis, mira  aquí e aquí.




30 oct 2013

Cine-fórum: O Gran Ditador

Durante este curso a Biblioteca puxo o seu Cine-Forum a disposición tamén dos Departamentos coa finalide de que estes o utilizasen para proyectar filmes que tiveran relación co seu proxecto curricular e traballo na aula. Dentro desta liña de traballo, o vindeiro luns, 4 de novembro, proxectarase na Biblioteca a película O Gran Ditador do director británico Charles Chaplin, para os alumnos e alumnas de 1º da ESO. Por suposto que @s demais tamén estades invitad@s. Para obter máis información, preme no cartaz.

23 oct 2013

Cine-fórum: "A Historia no cine", novo ciclo de cinema

Durante o presente curso 2013/2014, a Biblioteca organizará un Ciclo de cine baixo o título A Historia no Cine, centrado na Historia de España. Aquí tendes o cartaz con algúns dos filmes previstos para a súa proxección, pero o ciclo está aberto a suxestións. Preme no cartaz para obter máis información.

16 oct 2013

Alice Munro

Como xa sabedes, Alice Munro é a escritora á que lle concederon o Nobel de literatura. Se premedes aquí , podedes acceder a un dos seus relatos, cousa altamente recomendable.


9 oct 2013

Cursos de español para estranxeiros

A Biblioteca Municipal "Sagrada Familia" ofrece cursos de español para estranxeiros. Os cursos estarán funcionando ata o 30 de xuño de 2014. As clases son os martes e xoves e hai dous grupos cada día. Un grupo, de 18:00 a 19:, e outro, de 19:00 a 20:00. Podedes incorporarvos ás clases en calquera momento, non é preciso ter acodido dende o primeiro día. Só tendes que achegarvos pola Biblioteca e preguntar. As clases son de balde. Premendo na imaxe accededes ao enderezo e horario da Biblioteca.

25 sept 2013

Estamos de volta

Aquí estamos un curso máis! Queremos darvos a benvinda a todos e esperamos seguir contando coa vosa presenza e a vosa participación nas actividades que organicemos. A Biblioteca estará aberta polas mañás, de 9:35 a 13:35, e as tardes do luns/segunda feira, mércores/cuarta e venres/sexta, de 16:30 a 18:10. Déixovos, como benvinda, a reprodución dunha collage da miña amiga Sara Huete. Titúlase Mantenerse a flote. Obra e título son o suficientemente inspiradores como para non precisaren comentario. Grazas por estardes aí!
Mantenerse a flote, Sara Huete