24 feb 2014

Cine-fórum: Plácido, dirixida por Luis G. Berlanga

O vindeiro xoves, 27 de febreiro, como sempre ás 16:30 na Biblioteca, proxectarase a película Plácido de Luis García Berlanga. Se desexas informarte máis polo miúdo, preme no cartaz.
https://sites.google.com/site/cousasblog/Cartaz%20Pl%C3%A1cido.jpg

12 feb 2014

24 de febreiro: Día de Rosalía.

O luns 24 de febreiro celebraremos na biblioteca o Día de Rosalía. Se queres participar, preme no cartaz para te informar. Agardámoste.

https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxjb3VzYXNibG9nfGd4OjJkZTZlYTc0ZjQyZGIyMTc


2 feb 2014

Por Pete Seeger!

Pete Seeger apoiando a protesta
Occupy Wall Street (2011)
A semana pasada morreu Pete Seeger. A súa longa vida permitiulle ser unha testemuña privilexiada do século XX e parte do XXI. O seu ollar crítico e o seu inconformismo están na base dunhas cancións que se converteron na voz dos oprimidos e da loita contra a inxustiza. Para reavivarmos as saudades de todos aqueles que nalgún momento vos emocionastes coas súas cancións e para todos aqueles que por idade non tivestes ocasión de saberdes quen é, aquí vos deixo algunha mostra do seu traballo, un canto á esperanza de que é posíbel un mundo mellor.





26 ene 2014

Cine-fórum: A voz durmida, de Benito Zambrano

Este xoves, 30 de xaneiro, proxectarase na Biblioteca "A voz durmida" de Benito Zambrano. Para informarte máis polo miúdo, preme no cartaz.
https://sites.google.com/site/cousasblog/A%20voz%20durmida.jpg

15 dic 2013

A Historia no cine: As longas vacacións do 36

O vindeiro xoves 19 de decembro proxectase na Biblioteca unha nova película dentro do Ciclo A Historia no Cine: As longas vacacións do 36, de Jaime Camino. Se queres informarte máis polo miúdo, preme no cartaz.
https://sites.google.com/site/cousasblog/As%20longas%20vacaci%C3%B3ns%20do%2036%202.jpg

24 nov 2013

A Historia no Cine: La Vaquilla

Nesta semana, dentro do ciclo A Historia no Cine, proxectarase La Vaquilla, do director español Luís García Berlanga. Coma siempre, terá lugar na Biblioteca do centro ás 16:30. Se queres informarte máis polo miúdo, preme no cartaz.

20 nov 2013

Celebramos o Samaín!


https://sites.google.com/site/cousasblog/Cabaza%201.jpgOs alumnos e alumnas de 1º da ESO decoraron as súas cabazas para celebrar o Samaín. Houbo premios. Foron os alumnos e alumnas de 2º de Bach os encargados de votar. Deixámosvos algunhas mostras dos resultados. Preme na foto para vela mellor. Se queres ver un par de fotos máis, mira  aquí e aquí.