Con motivo do Samaín, realizamos un concurso de cabazas no que participaron, como xa é tradición, os alumnos de 1º da ESO. Tamén fixeron un mural con refráns e adiviñas que tiveron como protagonista a castaña. Disto deixámosvos mostras nas fotos. Do que xa non podemos dar nin a proba é das castañas do magosto co que rematamos a festa. Espero que todos tiverades ocasión de as degustar.
Parabens aos gañadores do concurso!
A música que soa é un fragmento de Autumn Leaves, en versión de Eric Clapton.
25 nov 2014
22 nov 2014
Cine-fórum: Tempos modernos
Mércores 26, dentro do ciclo Comedia en branco e negro, proxectarase o filme Tempos modernos, dirixida por Charles Chaplin.
Como sempre, será ás 16:30 na Biblioteca. Para vos informardes máis polo miúdo, premede no cartaz.
Etiquetas:
Actividades,
Chaplin,
cine-fórum,
Comedia en branco e negro
19 nov 2014
Comentarios no blogue
Esta entrada é para vos lembrar que só publicamos comentarios correctamente identificados, isto é, que leven nome e apelidos (tamén podedes especificar a relación co centro: se sodes alumnos, pais, curso...).
Se queredes poñervos en contacto con nós, tendes os nosos enderezos de correo no menú que se atopa na parte superior do blogue, na páxina "Contacto". Os nosos enderezos son:
- bibliotecasardineira@gmail.com Este é o enderezo para calquera cousa relacionada co funcionamento da biblioteca e para nos facer suxestións para a adquisición de fondos.
- blogbibliosardineira@gmail.com Este é o enderezo para todo o relacionado co blogue. Por exemplo, se queres participar na sección "Compartindo", envíanos as cousas que desexes compartir a este enderezo. Escríbenos para facer as suxestións que cosideres oportunas.
Agardamos novas vosas!
Etiquetas:
comentarios,
uso do blogue
4 nov 2014
Día da Ciencia en Galego: Exposición
A conmemoración do Día da Ciencia en Galego concluirá coa tradicional mostra dos máis variados e espectaculares experimentos, realizados polo alumnado do Ciclo, que terá lugar o día 7 de novembro.
Etiquetas:
ciencia,
Día da ciencia en galego,
Exposicións,
igualdade de xénero
27 oct 2014
Cine-fórum: O maquinista da "General"
Mércores 29, dentro do ciclo Comedia en branco e negro, proxectarase o filme O maquinista da "General", dirixida por Buster Keaton.
Como sempre, será ás 16:30 na Biblioteca. Para vos informardes máis polo miúdo, premede no cartaz.
Etiquetas:
Actividades,
cine-fórum,
cinema,
Comedia en branco e negro,
Keaton
17 oct 2014
Cine-fórum
Volve o Cine-fórum!, este ano adicado ao cine en branco o negro. As películas seleccionadas son as que figuran no cartaz. Preme nel para obteres máis información.
O mércores, 29 de outubro, proxectaremos na biblioteca a primeira película do ciclo Comedia en Branco e Negro, coma sempre en horario de 16:30.
O mércores, 29 de outubro, proxectaremos na biblioteca a primeira película do ciclo Comedia en Branco e Negro, coma sempre en horario de 16:30.
Etiquetas:
Actividades,
cine-fórum,
cinema,
Comedia en branco e negro
6 oct 2014
Compartindo. Ben falado, Emma Watson!
Enma Watson lanza a campaña
HeForShe diante do comité das Nacións Unidas. O obxectivo é conseguir
que o sexo masculino se sume aos esforzos para terminar coa
discriminación contra as mulleres e se una ao movemento feminista.
Compárteo Olga Pedrouzo.
Compárteo Olga Pedrouzo.
Etiquetas:
Compartindo,
feminismo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




