30 ene 2018

Club de lectura

https://drive.google.com/open?id=1p8WUkLDZHeZe9KGLg4QM3wTXvegTUggk
H. Cartier-Bresson
 O Club de lectura xa está en marcha. Trataremos de vos ir informando de todas as cousas que vaian ocorrendo. Sede pacientes con nós se non o facemos coa puntualidade que desexariamos. Sabede que, se non vos anotáchedes a esta primeira quenda de lecturas, podedes facelo para a seguinte. Contamos con vós!

7 nov 2017

Benvinda ao novo curso!


Amor pola lectura, Raul Arias
Este curso volvemos estar en activo co noso blogue. Esperamos vos poder ir informando con regularidade das actividades da Biblioteca e das novidades que vaian chegando. Lembrade que, para estar ao día das novidades, tendes que acceder ao blogue "O que vai chegando", que ten a súa ligazón na columna da esquerda.
O horario de apertura é: luns, mércores, xoves e venres, de 10:25 a 12:45. O martes, de 9:35 a 12:45.



19 jun 2015

Ven para o blogue e gaña... Entrega de premios

O mércores 17 entregamos os premios da segunda fase do concurso Ven para o blogue e gaña... Estes foron os gañadores:
fas fotos?
1ª categoría:
  • 1º premio: Mariña Ramos.
  • Premio especial do xurado: Katuxa Santomil.
2ª categoría:
  • 1º premio: Raquel Monge.
  • Premio especial do xurado: Yoel Suárez.
3ª categoría:
  • 1º premio: Paula Martínez.
  • Premio especial do xurado: Mar Otero.
Ti escribes?
3ª categoría:
  • 1º premio: Edgar Blanco.
  • Premio especial do xurado: Cristina Pérez.
Ti debuxas?
1ª categoría: 
  • 1º premio: Jiayu Guo.
2ª categoría:
  • 1º premio: Ruba Arooj.
  • Premio especial do xurado: Noelia Maseda.
Moitas grazas a todos por participardes. 

16 jun 2015

Biblioteca Municipal Sagrada Familia

Premendo na imaxe podedes ver o boletín informativo da Biblioteca Municipal Sagrada Familia para o mes de xuño.

10 jun 2015

Ven para o blogue e gaña... 2º fase do concurso

Iniciamos a segunda fase do concurso Ven para o blogue e gaña... A entrega de premios será o mércores 17 de xuño na Biblioteca, no segundo recreo. Agardamos por vós, os que particpáchedes e os que non. Aquí quedan as bases desta segunda fase.

Bases
1. A segunda fase do concurso Ven para o blogue e gaña constará de tres categorías por modalidade:
    1ª categoría: 1º e 2º de ESO
    2ª categoría: 3º e 4º de ESO
    3ª categoría: Bacharelato e Ciclos
2. As obras que entrarán a concurso son as que foron publicadas no blogue da Biblioteca.
3. Haberá un premio por categoría que consistirá nun vale de 35 euros para FNAC. O xurado poderá establecer algún premio especial (que será de menor contía), se así o considerar oportuno.
4. Os premios poderán ser declarados desertos.
5. No caso de quedar o premio deserto nalgunha modalidade, podería ser acumulado a outra das modalidades, se a calidade das obras así o xustificar.
6. O xurado estará formado por membros do equipo da Biblioteca, persoal do Centro e alumnado. Este último exercerá a súa participación a través dos comentarios do blogue da Biblioteca.
7. Estas bases supoñen unha ampliación das da primeira fase do concurso, que continúan vixentes.
8. Todos aqueles que se presentaren a este concurso aceptan as condicións establecidas nas bases.


8 jun 2015

Ven para o blogue e gaña...

Pola modalidade fas fotos?, a última publicación de Raquel Monge, alumna de 4º de ESO.

https://sites.google.com/site/cousasblog2/La%20sombra_Raquel%20Monge_site_DSC_4078.jpg

5 jun 2015

Ven para o blogue e gaña...

Pola modalidade fas fotos?, a última publicación de Mariña Ramos, alumna de 1º de ESO.
https://sites.google.com/site/cousasblog2/Mari%C3%B1a%20Ramos%2020150404_120437.jpg