4 feb 2013

Recitando a Celso Emilio

O 12 de decembro de 1912 nacía en Celanova, Celso Emilio Ferreiro. Celso Emilio foi escritor e político, cultivou a poesía e tamén a narrativa. O seu poema Longa noite de pedra converteuno no máximo expoñente da poesía social na literatura galega. Para conmemorar o centenario do seu nacemento, o 12 de decembro de 2012, ás 12:00 h., milleiros de mozos dos centros educativos de toda Galicia participaron na convocatoria da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) nun recital público e simultáneo do poema Deitado frente ao mar, un dos seus poemas máis emblemáticos. Fixémolo no noso instituto con alumnado do 2º ciclo da ESO e de bacharelato. Axudamos, pois, a manter viva a memoria dun dos grandes poetas galegos do século XX.

No hay comentarios:

Publicar un comentario