15 jun 2013

Bases da 2ª fase do concurso "Ven para o blogue e gaña"

1. A segunda fase do concurso Ven para o blogue e gaña constará de tres categorías por modalidade:
    1ª categoría: 1º e 2º de ESO
    2ª categoría: 3º e 4º de ESO
    3ª categoría: Bacharelato e Ciclos
2. As obras que entrarán a concurso son as que foron publicadas no blogue da Biblioteca.
3. Haberá un premio por categoría que consistirá nun vale de 30 euros para FNAC. O xurado poderá establecer algún premio especial (que será de menor contía), se así o considerar oportuno.
4. Os premios poderán ser declarados desertos.
5. No caso de quedar o premio deserto nalgunha modalidade, podería ser acumulado a outra das modalidades, se a calidade das obras así o xustificar.
6. O xurado estará formado por membros do equipo da Biblioteca, persoal do Centro e alumnado. Este último exercerá a súa participación a través dos comentarios do blogue da Biblioteca.
7. A entrega de premios terá lugar o xoves 20 de xuño de 2013, na festa de fin de curso.
8. Estas bases supoñen unha ampliación das da primeira fase do concurso, que continúan vixentes.
9. Todos aqueles que se presentaren a este concurso aceptan as condicións establecidas nas bases.

No hay comentarios:

Publicar un comentario