23/05/2013

Remata o prazo!!!

Mañá, 24 de maio, remata o prazo para participar no concurso Ven para o blogue e gaña. Podedes enviar as vosas obras ata mañá ás 12 da noite. Bulide!!!

22/05/2013

Ven para o blogue...

A nosa primeira publicación dentro da modalidade ti debuxas? Un debuxo de Andrea Gento, alumna de 1º de ESO. Preme na imaxe para vela mellor.



21/05/2013

Ven para o blogue...

Dentro da modalidade fas fotos?, unha foto de Daniel Torres titulada Lóstrego negro. Preme na imaxe para vela mellor.

20/05/2013

Ven para o blogue...

Na modalidade ti escribes, un texto de Cristina Pérez, alumna de 3º de ESO.

Caminos, Cristina Pérez
Una foto. Una dedicatoria en ella. Miles de recuerdos vienen a mi cabeza. Pero ya nada es como era. Toda la gente que conocí, muchos se han ido; otros, simplemente siguen ahí, pero con los años han preferido borrar todas esas memorias. Yo, aquí sigo, recordando absolutamente todo, lo bueno y lo malo, viviendo en este llamado presente pero pensando en el futuro. Dicen que solo hay que vivir en el presente, pero mi mente no quiere aceptarlo. Pasado y futuro. Nada más. Solo recuerdos e imaginaciones. Dos palabras tan contrapuestas, pero mejores que lo hay que vivir.

15/05/2013

Queres ser xurado do concurso Ven para o blogue e gaña ...?

Todos os alumnos do Centro podedes ser xurados da segunda fase do concurso Ven para o blogue e gaña... Podedes facelo a través dos comentarios do blogue. Na parte inferior de cada entrada aparece unha anotación relativa aos comentarios ("No hay comentarios" ou o número de comentarios que hai). Se premedes aí, abrésevos unha ventá onde podedes escribir os vosos comentarios. Os datos persoais (nome, apelidos e curso ao que pertencedes) podes poñelos en "seleccionar perfil", escollendo a opción "nombre/URL". Votade polas obras que máis vos gusten. Tamén vos lembro que, á parte de xurado, todos podedes participar e presentar as vosas obras. Tendes seis modalidades para facelo. O prazo para presentar as vosas creacións remata o 24 de maio. Animádevos.

13/05/2013

Flores de Satie para Kavafis. Actuación de Barakalaika

Este mércores, dentro da semana de actividades culturais, terá lugar a primeira actuación de Barakalaika, nome do Obradoiro de teatro do IES A Sardiñeira. Para esta actuación é preciso ter invitación que, como xa vos indicavamos na entrada anterior, podedes recoller na Biblioteca. Aqueles que non podades ver a representación nesta ocasión teredes unha nova oportunidade na semana do 27 ao 31 de maio. Haberá, en horario lectivo, unha segunda función para os alumnos de 3º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. Coma sempre, premede no cartaz para ver mellor a información.

12/05/2013

Semana cultural

Xa está aquí a nosa tradicional semana de actividades culturais. Cerraremos as actividades coa representación da obra Flores de Satie para Kavafis. Para asistir a esta actividade é preciso ter invitación. As invitacións poden se recoller na Biblioteca. Premede na imaxe para ver mellor a información.