25 nov. 2014

Cabazas, castañas e refráns

Con motivo do Samaín, realizamos un concurso de cabazas no que participaron, como xa é tradición, os alumnos de 1º da ESO. Tamén fixeron un mural con refráns e adiviñas que tiveron como protagonista a castaña. Disto deixámosvos mostras nas fotos. Do que xa non podemos dar nin a proba é das castañas do magosto co que rematamos a festa. Espero que todos tiverades ocasión de as degustar.
Parabens aos gañadores do concurso!

 
A música que soa é un fragmento de Autumn Leaves, en versión de Eric Clapton.

22 nov. 2014

Cine-fórum: Tempos modernos

Mércores 26, dentro do ciclo Comedia en branco e negro, proxectarase o filme Tempos modernos, dirixida por Charles Chaplin. Como sempre, será ás 16:30 na Biblioteca. Para vos informardes máis polo miúdo, premede no cartaz.
https://sites.google.com/site/cousasblog/2.%20Cartaz%20Tempos%20Modernos%202.jpg?

19 nov. 2014

Comentarios no blogue


Esta entrada é para vos lembrar que só publicamos comentarios correctamente identificados, isto é, que leven nome e apelidos (tamén podedes especificar a relación co centro: se sodes alumnos, pais, curso...).
Se queredes poñervos en contacto con nós, tendes os nosos enderezos de correo no menú que se atopa na parte superior do blogue, na páxina "Contacto". Os nosos enderezos son:
  • bibliotecasardineira@gmail.com Este é o enderezo para calquera cousa relacionada co funcionamento da biblioteca e para nos facer suxestións para a adquisición de fondos.
  • blogbibliosardineira@gmail.com Este é o enderezo para todo o relacionado co blogue. Por exemplo, se queres participar na sección "Compartindo", envíanos as cousas que desexes compartir a este enderezo. Escríbenos para facer as suxestións que cosideres oportunas.
Pero lembra: tanto os comentarios como os correos deben ir correctamente identificados.
Agardamos novas vosas!

4 nov. 2014

Día da Ciencia en Galego: Exposición

A semana pasada iniciamos a celebración do Día da Ciencia en Galego cunha exposición: Ciencia, muller, galego. Adiviña que teñen en común. A exposición estará no vestíbulo do Centro até o 6 de novembro. Esta exposición é parte doutra organizada pola Biblioteca sobre Igualdade de xénero, realizada coa colaboración de: Departamento de Matemáticas, Departamento de Xeografía e Historia, Departamento de Lingua galega e Literatura, Departamento de Lingua castelá e Literatura, Departamento de Inglés e Departamento de Filosofía.
A conmemoración do Día da Ciencia en Galego concluirá coa tradicional mostra dos máis variados e espectaculares experimentos, realizados polo alumnado do Ciclo, que terá lugar o día 7 de novembro.