Mostrando entradas con la etiqueta Celso Emilio Ferreiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Celso Emilio Ferreiro. Mostrar todas las entradas

4 feb 2013

Recitando a Celso Emilio

O 12 de decembro de 1912 nacía en Celanova, Celso Emilio Ferreiro. Celso Emilio foi escritor e político, cultivou a poesía e tamén a narrativa. O seu poema Longa noite de pedra converteuno no máximo expoñente da poesía social na literatura galega. Para conmemorar o centenario do seu nacemento, o 12 de decembro de 2012, ás 12:00 h., milleiros de mozos dos centros educativos de toda Galicia participaron na convocatoria da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) nun recital público e simultáneo do poema Deitado frente ao mar, un dos seus poemas máis emblemáticos. Fixémolo no noso instituto con alumnado do 2º ciclo da ESO e de bacharelato. Axudamos, pois, a manter viva a memoria dun dos grandes poetas galegos do século XX.

23 ene 2012

Celso Emilio Ferreiro: vídeos

Aquí tendes uns vídeos onde se musican poemas de Celso Emilio. Bótadelles unha ollada. Premede na foto para velos.

Centenario de Celso Emilio Ferreiro

Estamos a celebrar na Biblioteca unha exposición co motivo do centenario de Celso Emilio Ferreiro. A exposición está organizada pola Biblioteca coa colaboración do Departamento de Xeografía e Historia e a Vicedirección. A través dos titores farémosvos chegar uns cuestionarios que, como xa sabedes, os que teñan menos de tres fallos entrarán, xunto co resto dos cuestionarios das exposicións do trimestre, no habitual sorteo de entradas de cine. Agardamos a vosa visita.