7 nov. 2017

Benvinda ao novo curso!


Amor pola lectura, Raul Arias
Este curso volvemos estar en activo co noso blogue. Esperamos vos poder ir informando con regularidade das actividades da Biblioteca e das novidades que vaian chegando. Lembrade que, para estar ao día das novidades, tendes que acceder ao blogue "O que vai chegando", que ten a súa ligazón na columna da esquerda.
O horario de apertura é: luns, mércores, xoves e venres, de 10:25 a 12:45. O martes, de 9:35 a 12:45.