30 jun 2013

Representación de "O achado do castro"

A pura alegría que se transparenta nos seus xestos é motivo suficiente para reconducir, a través desta montaxe, pero sen desmentilo, o carácter naturalmente efémero do teatro.


Expresionismo


Ernst L. Kirchner
Subimos á páxina Álbum unha montaxe sobre Expresionismo realizada con motivo da proxección de O gabinete do doutor Caligari. Tamén podedes acceder premendo na imaxe.



29 jun 2013

Premiados no concurso "Ven para o blogue e gaña"

O concurso, como xa sabedes, constaba de dúas fases e de dous tipos de premios. O primeiro, a publicación da obra e a obtención dunha entrada de cinema; o segundo, a entrega dun vale aos mellores traballos publicados. Parabens para todos os que participáchedes e grazas pola vosa colaboración. Contamos con todos vós para o próximo curso e tamén esperamos que se animen a participar aqueles que aínda non fixeron. 
Aquí queda a relación dos gañadores da segunda fase do concurso. Nas bases da segunda fase do concurso (colgadas no blogue) podedes ver en que consisten os premios.

ti debuxas?

1ª categoría (1º e 2º de ESO)
  • Andrea Gento, alumna de 1º de ESO. Premio especial do xurado.
  • Sara Buedo, alumna de 1º de ESO. Premio especial do xurado.
3ª categoría (Bacharelato e Ciclos)
  • Mar Otero, alumna de 1º de Bacharelato. 
ti escribes?
2ª categoría (3º e 4º de ESO)
  • Cristina Pérez, alumna de 3º de ESO, polo relato Caminos.
3ª categoría (Bacharelao e Ciclos)
  • Daniel Torres, alumno de 2º de Bacharelato, polo relato Queso.
  • Héctor Ojea, alumno de 2º de Bacharelato, polo relato Perseguido.
fas fotos?
1ª categoría (1º e 2º de ESO)
  • Paloma Mareque, alumna de 2º de ESO, pola foto Inverno, Jaca. Premio especial do xurado.
2ª categoría (3º e 4º de ESO)
  • Cristina Pérez, alumna de 3º de ESO, pola foto Primavera. Premio especial do xurado.
3ª categoría (Bacharelao e Ciclos)
  • Mar Otero, alumna de 1º de Bacharelato, ao conxunto das fotos presentadas.
  • Daniel Torres, alumno de 2º de Bacharelato, ao conxunto das fotos presentadas.

15 jun 2013

Bases da 2ª fase do concurso "Ven para o blogue e gaña"

1. A segunda fase do concurso Ven para o blogue e gaña constará de tres categorías por modalidade:
    1ª categoría: 1º e 2º de ESO
    2ª categoría: 3º e 4º de ESO
    3ª categoría: Bacharelato e Ciclos
2. As obras que entrarán a concurso son as que foron publicadas no blogue da Biblioteca.
3. Haberá un premio por categoría que consistirá nun vale de 30 euros para FNAC. O xurado poderá establecer algún premio especial (que será de menor contía), se así o considerar oportuno.
4. Os premios poderán ser declarados desertos.
5. No caso de quedar o premio deserto nalgunha modalidade, podería ser acumulado a outra das modalidades, se a calidade das obras así o xustificar.
6. O xurado estará formado por membros do equipo da Biblioteca, persoal do Centro e alumnado. Este último exercerá a súa participación a través dos comentarios do blogue da Biblioteca.
7. A entrega de premios terá lugar o xoves 20 de xuño de 2013, na festa de fin de curso.
8. Estas bases supoñen unha ampliación das da primeira fase do concurso, que continúan vixentes.
9. Todos aqueles que se presentaren a este concurso aceptan as condicións establecidas nas bases.

13 jun 2013

Ven para o blogue e gaña

Dentro da modalidade ti escribes?, un relato de Paula Matínez, alumna de 3º de ESO.

Carpe Diem, Paula Marínez
Camino por la calle, suena el móvil, lo cojo, automáticamente comienzan a resbalar lágrimas por mi cara, no doy crédito, la gente me mira, en el lugar sólo se oye mi llanto, salgo corriendo, voy hacia la playa, necesito pensar. Cuando llego allí me doy cuenta de que un chico me había seguido, me pregunta si estoy bien, le digo que no, que ya no merece la pena vivir, me siento como una inútil; él intenta consolarme, pero es en vano, lo que acaba de ocurrir cambiaría mi vida, no quería contárselo a nadie, pero, ¿qué más da? Se lo conté:

12 jun 2013

Ven para o blogue e gaña

Dentro da modalidade fas fotos?, unha composición de foto e detalle de Mar Otero, alumna de 1º de Bacharelato. Preme nas imaxes se queres velas mellor.


10 jun 2013

Amplíase o prazo para ser xurado!

Como aínda quedan unhas colaboracións por publicar, ampliamos o prazo para que poidades ser xurado ata o día 14 de xuño ás 12 da noite. Seguide votando polas vosas obras favoritas!

6 jun 2013

Ven para o blogue e gaña

Dentro da modalidade fas fotos?, unha foto de Mar Otero, alumna de 1º de Bacharelato. Preme na imaxe para vela mellor.


5 jun 2013

Ven para o blogue e gaña

Dentro da modalidade ti escribes?, un relato de Héctor Ojea, alumno de 2º de Bacharelato.

Perseguido, Héctor Ojea
Ahora estoy sentado en una silla blanca, rodeado por un sinfín de caras que no alcanzo a reconocer, cada una sentada a su vez en su propia silla blanca; felices, o al menos por fuera, celebrando algo que no puedo recordar fruto de mi efímera memoria. Los vasos y los cumplidos vuelan de mano en mano y el vaivén de las faldas contra el viento parece querer hipnotizarme hasta que, en un momento, todo se detiene y la banda comienza a tocar, dando pie así a un movimiento todavía más intenso. La

3 jun 2013

Ven para o blogue e gaña

Dentro da modalidade ti debuxas?, un deseño de Mar Otero, alumna de 1º de Bacharelato.