19 jun 2015

Ven para o blogue e gaña... Entrega de premios

O mércores 17 entregamos os premios da segunda fase do concurso Ven para o blogue e gaña... Estes foron os gañadores:
fas fotos?
1ª categoría:
  • 1º premio: Mariña Ramos.
  • Premio especial do xurado: Katuxa Santomil.
2ª categoría:
  • 1º premio: Raquel Monge.
  • Premio especial do xurado: Yoel Suárez.
3ª categoría:
  • 1º premio: Paula Martínez.
  • Premio especial do xurado: Mar Otero.
Ti escribes?
3ª categoría:
  • 1º premio: Edgar Blanco.
  • Premio especial do xurado: Cristina Pérez.
Ti debuxas?
1ª categoría: 
  • 1º premio: Jiayu Guo.
2ª categoría:
  • 1º premio: Ruba Arooj.
  • Premio especial do xurado: Noelia Maseda.
Moitas grazas a todos por participardes. 

16 jun 2015

Biblioteca Municipal Sagrada Familia

Premendo na imaxe podedes ver o boletín informativo da Biblioteca Municipal Sagrada Familia para o mes de xuño.

10 jun 2015

Ven para o blogue e gaña... 2º fase do concurso

Iniciamos a segunda fase do concurso Ven para o blogue e gaña... A entrega de premios será o mércores 17 de xuño na Biblioteca, no segundo recreo. Agardamos por vós, os que particpáchedes e os que non. Aquí quedan as bases desta segunda fase.

Bases
1. A segunda fase do concurso Ven para o blogue e gaña constará de tres categorías por modalidade:
    1ª categoría: 1º e 2º de ESO
    2ª categoría: 3º e 4º de ESO
    3ª categoría: Bacharelato e Ciclos
2. As obras que entrarán a concurso son as que foron publicadas no blogue da Biblioteca.
3. Haberá un premio por categoría que consistirá nun vale de 35 euros para FNAC. O xurado poderá establecer algún premio especial (que será de menor contía), se así o considerar oportuno.
4. Os premios poderán ser declarados desertos.
5. No caso de quedar o premio deserto nalgunha modalidade, podería ser acumulado a outra das modalidades, se a calidade das obras así o xustificar.
6. O xurado estará formado por membros do equipo da Biblioteca, persoal do Centro e alumnado. Este último exercerá a súa participación a través dos comentarios do blogue da Biblioteca.
7. Estas bases supoñen unha ampliación das da primeira fase do concurso, que continúan vixentes.
8. Todos aqueles que se presentaren a este concurso aceptan as condicións establecidas nas bases.


8 jun 2015

Ven para o blogue e gaña...

Pola modalidade fas fotos?, a última publicación de Raquel Monge, alumna de 4º de ESO.

https://sites.google.com/site/cousasblog2/La%20sombra_Raquel%20Monge_site_DSC_4078.jpg

5 jun 2015

Ven para o blogue e gaña...

Pola modalidade fas fotos?, a última publicación de Mariña Ramos, alumna de 1º de ESO.
https://sites.google.com/site/cousasblog2/Mari%C3%B1a%20Ramos%2020150404_120437.jpg

Club de lectura: proxección de Romeo e Xulieta, dirixida por Baz Luhrmann

Para rematarmos coas actividades do Club de lectura deste curso, o xoves 4 de maio vimos na biblioteca unha versión de Romeo e Xulieta protagonizada por Leonardo di Caprio e Claire Danes.
Vémonos o curso que vén!
https://sites.google.com/site/cousasblog2/Romeo%20e%20Xulieta.jpg

4 jun 2015

Ven para o blogue e gaña...

Pola modalidade fas fotos?, unha foto de Paloma Mareque, alumna de 4º de ESO.
https://sites.google.com/site/cousasblog2/Paloma%20Mareque%2020140905_201453.jpg

3 jun 2015

Ven para o blogue e gaña...

Pola modalidade fas fotos?, outra colaboración de Mariña Ramos, alumna de 1º de ESO.
https://sites.google.com/site/cousasblog2/Mari%C3%B1a%20Ramos%2020150402_191614.jpg

2 jun 2015

Ven para o blogue e gaña...

Pola modalidade fas fotos?, unha foto de Paula Martínez, alumna de 1º de bacharelato.
https://sites.google.com/site/cousasblog2/Paula%20Mart%C3%ADnez%20DSCF2573.JPG

1 jun 2015

Ven para o blogue e gaña...

Pola modalidade fas fotos?, unha nova colaboración de Raquel Monge, alumna de 4º de ESO.
https://sites.google.com/site/cousasblog2/Luz%20para%20crecer_Raquel%20Monge_site_%20DSC_0020.jpg