11 dic 2012

Cine-fórum. Ameaza na sombra

O xoves 13 de decembro proxectarase na Biblioteca a 4º película do Ciclo "Terror e Suspense": "Ameaza na sombra" do director británico Nicolas Roeg. Se queres informarte máis polo miudo, preme no cartaz.

29 nov 2012

Unha visita moi especial


Con motivo do cincuenta aniversario da celebración do Día das Letras Galegas, o 22 de Novembro deste ano tivemos unha visita moi especial na biblioteca do noso Instituto. Os convidados foron o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, o secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, e Pepe Barro, deseñador do grupo Revisión. Despois dunhas palabras do presidente da Academia o alumnado de 2º de bacharelato tributou unha homenaxe ás nosas letras co recitado de textos e poemas de Luz Pozo Garza, Rosalía de Castro e Roberto Vidal Bolaño, e a interpretación dunha peza musical co saxo alto por parte de Ana Suárez. Co aire aínda vibrando visitamos na entrada do instituto a exposición dos carteis do proxecto “A volta das letras en cincuenta días”. Aproveitamos tamén para quedar cun bo recordo, exemplares do libro editado pola Real Academia Galega “Todas as letras” asinados por Xosé Luís Méndez Ferrín.

19 nov 2012

Exposición 50 voces para o 50 aniversario do Día Das Letras Galegas

Organizada pola biblioteca do noso instituto e coa colaboración de alumnado de 2º de bacharelato, montamos no vestíbulo do noso centro a exposición da Real Academia Galega “50 voces para o 50 aniversario do Día das Letras Galegas”. Os cincuenta cartaces que conmemoran o cincuenta aniversario foron feitos para lembrar que levamos cincuenta anos celebrando a festa das nosas letras. Cada cartaz desta iniciativa cultural ten como protagonista a unha figura importante para a nosa literatura e a nosa cultura (poetas, ensaístas, dramaturgos, novelistas) e xorde como resultado da colaboración entre escritores/as e deseñadores/as actuais.
Podedes ver a reprodución dos 50 carteis premendo aquí.

Outros sitios de interese:


 

13 nov 2012

Cine-fórum. Os Outros

Nesta semana, dentro do Ciclo de "Terror e Suspense",  proxectarase "Os Outros" do director español Alejandro Amenábar. Para obter máis información preme no cartaz.

6 nov 2012

Cine-fórum. Resident Evil

Dentro do Ciclo Terror e Suspense, este xoves, 8 de novembro,  proxectarase na Biblioteca, coma sempre ás 16:30, a película Resident Evil de Paul W.S.Anderson. 
Se queres ter máis información, preme sobre o cartaz.

31 oct 2012

Obradoiro de teatro

Dende a biblioteca queremos constituír un grupo de teatro escolar estable que comece este curso por dramatizar textos que se cadra non foran compostos para a súa posta en escena. Anímate e participa.

24 oct 2012

Cine-fórum. "Van Helsing"

Este xoves, 25 de outubro, ás 16:30, proxectarase a película "Van Helsing" dirixida por Stephen Sommers no 2004 . Preme no cartaz para obter máis información.

Cine-fórum. Ciclo "Terror e Suspense"

Seguindo coa tradición inaugurada hai xa dous anos, este curso comezamos o Cine-fórum cunha selección de filmes de "Terror e suspense" que permitirá facer un repaso do xénero dende a época actual ata os inicios do cine. 
Podes ver as películas que se proxectarán, coma sempre, na Biblioteca premendo no cartaz.

16 oct 2012

O Premio Planeta

El escritor Lorenzo Silva, ganador del Premio Planeta
Onte otorgouse o Premio Planeta. O gañador foi Lorenzo Silva coa novela La marca del meridiano, a última entrega da serie de novela negra protagonizada pola parella de gardas civís Bevilacqua e Chamorro. Da mesma serie tedes na Biblioteca: El lejano país de los estanques e El alquimista impaciente. Da súa Triloxía de Getafe podedes atopar: El cazador del desierto y La lluvia de París. Estes últimos na sección de "Literatura xuvenil". Premede aquí para acceder á páxina do autor. 
A novela finalista foi La vida imaginaria, de Mara Torres, a periodista presentadora de La 2 Noticias, de TVE.

7 oct 2012

Estamos de volta!

Foto: Chema Madoz
Xa estamos de volta! A Biblioteca está en marcha e as primeiras propostas de actividades tamén. En breve, o cine-fórum comezará a funcionar. Esperamos que todos aqueles que queriades participar na selección de películas vos teñades apuntado. O prazo remataba o 5 de outubro.
Tamén xa están postas as listas para anotarse ao Club de Lectura. Animádevos!
Este curso seguiremos abrindo as tardes dos luns, mércores e xoves, de 16:30 a 18:10. Lembrade que se precisades orientación no estudo, podedes vir polas tardes. Sempre hai un profesor que vos pode axudar.

10 jun 2012

Acábanse os prazos


Remata os prazo de entrega para os cuestionarios da actividade Investigando a ciencia. Tamén o luns 11 remata o prazo para o concurso Olladas sobre o policíaco.

4 jun 2012

Cine-fórum. O ceo sobre Berlín.

Este luns, 4 de xuño, proxectarase a película O ceo sobre Berlín, dirixida por Wim Wenders. Preme no cartel para obter máis información.

27 may 2012

Concurso literario. Olladas sobre o policíaco.

Xa está en marcha o concurso de descricións literarias Olladas sobre o policíaco. Tedes de prazo para a presentación dos traballos ata o 11 de xuño. Podedes retirar as bases na Biblioteca ou ben obtelas premendo na foto.


Cine-fórum

Este luns, 28 de maio, proxectarase na Biblioteca o filme Bo ano, dirixido por Ridley Scott. Preme no cartel para obter máis información.

21 may 2012

Cine-fórum

Hoxe proxectarase na Biblioteca a película Dersu Uzala, dirixida por Akira Kurosawa. Máis infomación premendo no cartel.

7 may 2012

Maratón de lectura e Cine-fórum

Hoxe, dentro da semana de actividades da Biblioteca, desenvolverase o tradicional maratón de lectura. Contamos coa presenza de Xan Babarro para a súa inauguración.
Ás 17:00 proxectarase a película Crebinsky, dirixida por Enrique Otero. Fracede clic no cartel para obter máis información.

2 may 2012

Semana de actividades. Conferencia

Mañá xoves dá comezo a tradicional semana de actividades da Biblioteca. Iniciamos esta nova edición cunha conferencia de Tucho Calvo sobre Paz Andrade. Para ver o resto das actividades premede no cartel.


24 abr 2012

Igualdade de xénero: A condesa rebelde

 Como remate das actividades dedicadas á igualdade de xénero, o mércores 25 e o xoves 26 proxectaremos o filme A condesa rebelde, dirixido por Zaza Ceballos. O noso agradecemento á produtora Zenit Televisión por ternos facilitado a película.

22 abr 2012

Cine-fórum.

O luns, 23 de abril, ás 17:00, proxectarase na Biblioteca Alien, dirixida por Ridley Scott. Para máis información premede no cartel.
Se queredes obter información sobre as películas que se proxectarán ata final de curso, facede clic neste outro cartel.

23 mar 2012

Cine a contratempo: O séptimo selo

O luns, 26 de marzo, ás 17:00, proxectarase, dentro do ciclo Cine a contratempo, O séptimo selo, dirixida por Ingmar Bergman. Premede no cartel para obter máis información.

18 mar 2012

Igualdade de xénero

Podedes ver no vestíbulo do centro a exposición sobre igualdade de xénero. Permanecerá ata finais de abril. Estes dous meses realizaremos actividades relacionadas con este tema. A exposición foi organizada pola Biblioteca coa colaboración de: o Departamento de Matemáticas, o Departamento de Xeografía e Historia, o Departamento de Lingua galega e Literatura, o Departamento de Lingua castelá e Literatura, o Departamento de Inglés e o Departamento de Filosofía. Esperamos que a disfrutedes. Aquí queda unha foto para que, aqueles que aínda non a víchedes, vos fagades unha idea.

4 mar 2012

Cine-fórum. (500) Days of Summer

O luns 5 de marzo, ás 17:00, proxectarase, dentro do ciclo Mostras de contrapunto, o filme (500) Days of Summer. Para saber máis, premede no cartel.

23 feb 2012

Cine a contratempo: Perdición

Este luns, 27 de febreiro, ás 17:00, proxectarase, dentro do ciclo Cine a contratempo, o filme Perdición (Double indemnity), dirixida por Billy Wilder. Preme no cartel se
queres máis información.

Dickens

Estamos a celebrar o bicentenario do nacemento de Dickens cunha exposición na Biblioteca. Para a realización da exposición contamos coa colaboración do Departamento de inglés. Xa sabedes, visitádenos e realizade o cuestionario para participar no sorteo de entradas de cine.

13 feb 2012

Mostras de contrapunto. Orixe.

Dentro do ciclo Mostras de contrapunto proxectarase, este luns 13, ás 17:00, o filme Orixe (Inception). Fai clic no cartel para obter máis información.

5 feb 2012

Cine a contratempo: My Darling Clementine

Este luns, 6 de febreiro, ás 17 h., dentro do ciclo Cine a contratempo teredes ocasión de ver un clásico do western, My Darling Clementine. Se queredes obter máis información, premede sobre o cartel. Que o disfrutedes!

2 feb 2012

Conferencia de astronomía

Mañá, venres 3, ás 19:00 h., haberá unha conferencia na Biblioteca sobre astronomía organizada polo Departamento de bioloxía e xeoloxía . Ao remate, como o ano pasado, miraremos as estrelas.

1 feb 2012

Guía para a elaboración de traballos de investigación

Aquí tendes a Guía para a elaboración de traballos de investigación. Espero que vos sexa útil. Podedes vela facendo clic na foto.

Foto: André Kertész

23 ene 2012

Celso Emilio Ferreiro: vídeos

Aquí tendes uns vídeos onde se musican poemas de Celso Emilio. Bótadelles unha ollada. Premede na foto para velos.

Centenario de Celso Emilio Ferreiro

Estamos a celebrar na Biblioteca unha exposición co motivo do centenario de Celso Emilio Ferreiro. A exposición está organizada pola Biblioteca coa colaboración do Departamento de Xeografía e Historia e a Vicedirección. A través dos titores farémosvos chegar uns cuestionarios que, como xa sabedes, os que teñan menos de tres fallos entrarán, xunto co resto dos cuestionarios das exposicións do trimestre, no habitual sorteo de entradas de cine. Agardamos a vosa visita.

20 ene 2012

Mostras de contrapunto

Este luns, 23 de xaneiro, ás 17:00, proxectarase, dentro do ciclo Mostras de contrapunto, a película The rocky horror picture show, unha parodia musical.
Para obter máis información, fai clic sobre o cartel.

14 ene 2012

Cine a contratempo

O luns, 16 de xaneiro, ás 17:00 proxectarase o filme Luces de la ciudad (City Lights), dirixido por Charles Chaplin. Fai clic no cartel para saber máis.

Cine-fórum

O próximo luns volve o cinema á Biblioteca. Seguimos mantendo os dous ciclos iniciados no primeiro trimestre: Cine a contratempo e Mostras de contrapunto. Aquí tedes os filmes previstos para este trimestre. Se queredes ver mellor o cartel, premede sobre a imaxe.