30 oct 2013

Cine-fórum: O Gran Ditador

Durante este curso a Biblioteca puxo o seu Cine-Forum a disposición tamén dos Departamentos coa finalide de que estes o utilizasen para proyectar filmes que tiveran relación co seu proxecto curricular e traballo na aula. Dentro desta liña de traballo, o vindeiro luns, 4 de novembro, proxectarase na Biblioteca a película O Gran Ditador do director británico Charles Chaplin, para os alumnos e alumnas de 1º da ESO. Por suposto que @s demais tamén estades invitad@s. Para obter máis información, preme no cartaz.

23 oct 2013

Cine-fórum: "A Historia no cine", novo ciclo de cinema

Durante o presente curso 2013/2014, a Biblioteca organizará un Ciclo de cine baixo o título A Historia no Cine, centrado na Historia de España. Aquí tendes o cartaz con algúns dos filmes previstos para a súa proxección, pero o ciclo está aberto a suxestións. Preme no cartaz para obter máis información.

16 oct 2013

Alice Munro

Como xa sabedes, Alice Munro é a escritora á que lle concederon o Nobel de literatura. Se premedes aquí , podedes acceder a un dos seus relatos, cousa altamente recomendable.


9 oct 2013

Cursos de español para estranxeiros

A Biblioteca Municipal "Sagrada Familia" ofrece cursos de español para estranxeiros. Os cursos estarán funcionando ata o 30 de xuño de 2014. As clases son os martes e xoves e hai dous grupos cada día. Un grupo, de 18:00 a 19:, e outro, de 19:00 a 20:00. Podedes incorporarvos ás clases en calquera momento, non é preciso ter acodido dende o primeiro día. Só tendes que achegarvos pola Biblioteca e preguntar. As clases son de balde. Premendo na imaxe accededes ao enderezo e horario da Biblioteca.