Mostrando entradas con la etiqueta igualdade de xénero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta igualdade de xénero. Mostrar todas las entradas

4 nov 2014

Día da Ciencia en Galego: Exposición

A semana pasada iniciamos a celebración do Día da Ciencia en Galego cunha exposición: Ciencia, muller, galego. Adiviña que teñen en común. A exposición estará no vestíbulo do Centro até o 6 de novembro. Esta exposición é parte doutra organizada pola Biblioteca sobre Igualdade de xénero, realizada coa colaboración de: Departamento de Matemáticas, Departamento de Xeografía e Historia, Departamento de Lingua galega e Literatura, Departamento de Lingua castelá e Literatura, Departamento de Inglés e Departamento de Filosofía.
A conmemoración do Día da Ciencia en Galego concluirá coa tradicional mostra dos máis variados e espectaculares experimentos, realizados polo alumnado do Ciclo, que terá lugar o día 7 de novembro.

12 mar 2013

Compartindo

Collage: Sara Huete
Tiñamos un pouco abandonada esta sección, pero hoxe imos compartir algo. Co Día da Muller Traballadora recente, non está de máis lembrar o difícil e costoso que foi o recoñecemento de certos dereitos para as mulleres. O camiño percorrido foi longo e aínda queda camiño por andar e banzos por subir. Déixovos aquí, polo que nos atinxe, un artigo que fala da conquista do dereito das mulleres a investigar nas bibliotecas, cousa que lle debemos a Antonia Gutiérrez Bueno.
Tamén é interesante mergullarse neste mapa e consultar a evolución dos dereitos das mulleres en España. Que dereitos tiñas se nacías muller, poñamos, en 1940? É posible que vos sorprendades do recentes que son moitos dos dereitos dos que gozamos.

18 mar 2012

Igualdade de xénero

Podedes ver no vestíbulo do centro a exposición sobre igualdade de xénero. Permanecerá ata finais de abril. Estes dous meses realizaremos actividades relacionadas con este tema. A exposición foi organizada pola Biblioteca coa colaboración de: o Departamento de Matemáticas, o Departamento de Xeografía e Historia, o Departamento de Lingua galega e Literatura, o Departamento de Lingua castelá e Literatura, o Departamento de Inglés e o Departamento de Filosofía. Esperamos que a disfrutedes. Aquí queda unha foto para que, aqueles que aínda non a víchedes, vos fagades unha idea.