9 may. 2018

Taller de papiroflexia

A ONG Implicadas impartirá mañán un taller de papiroflexia dirixido aos alumnos de 3º de ESO.

8 may. 2018

Conferencia de Xoán Babarro

Mañán, 9 de maio, Xoán Babarro falará da súa obra, Hilario e os tres medos. A charla estará dirixida ao alumnado de 1º de ESO.

Maratón de lectura

Hoxe, dentro das actividades da Semana cultural, temos o maratón de lectura. O tema: Literatura en feminino.

5 may. 2018

Conferencia de Raúl Veiga

https://drive.google.com/open?id=1XSnV12uAMCF5ZruK-h5Ec5LCxgr5L9aV

No luns 7, ás 12:45, teremos a conferencia de Raúl Veiga, Escribir para o cinema, á que está previsto que asistan os alumnos de 1º de bacharelato.
Esta conferencia está incluída dentro do programa "Actividades literarias en institutos" do "Plan de fomento de la lectura" do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

3 may. 2018

Semana cultural

A nosa tradicional Semana cultural xa está aquí. Hai actividades para todos. Esperamos que teñades ocasión de gozar e aprender.
A festa arrinca mañán, venres 4, cunha conferencia de Marilar Aleixandre. Iremos vos informando, día a día, de todo o que aconteza mais, para vós ir facendo unha idea, quédavos aquí o programa das actividades. Se queres velo mellor, preme na imaxe.
https://drive.google.com/open?id=1HigFR3JfssvhRfDmfUSQgjB9p6WvwxAH