22 nov 2018

Encontro con Ledicia Costas

Xa nos visitou Ledicia Costas, falou sobre o libro que leu ou está a ler o alumnado de 3º e fixéronselle moitas preguntas. Ao rematar asinou exemplares dos seus libros. Desde a Biblioteca queremos agradecer á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e ao Servizo de Normalización do Concello da Coruña que fixesen posible este Encontro.
 

21 nov 2018

Libros do Club de Lectura Interniveis

Os integrantes do Club de Lectura Interniveis tiveron a primeira renión e dividíronse en dous grupos para ler:

O asasinato de Roger Ackoyd, de Agatha Christie






O hibisco púrpura, de Chimamanda Ngozi Adichie.

20 nov 2018

Charla de Ledicia Costas

O mércores 21 vén Ledicia Costas para falar co alumnado de 3º da ESO sobre o seu libro  O corazón de Xúpiter.

8 nov 2018

Voluntariado na Biblioteca

Xa está aberta a convocatoria para inscribirse como voluntario na Biblioteca. Se queres participar, tes que pasar pola Biblioteca para apuntarte. Tendes de prazo ata o 15 de novembro.