Mostrando entradas con la etiqueta xurado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xurado. Mostrar todas las entradas

10 jun 2013

Amplíase o prazo para ser xurado!

Como aínda quedan unhas colaboracións por publicar, ampliamos o prazo para que poidades ser xurado ata o día 14 de xuño ás 12 da noite. Seguide votando polas vosas obras favoritas!

28 may 2013

Instrucións para os comentarios de Ven para o blogue...

Lembrade que os comentarios para seren publicados teñen que vir correctamente identificados.
Tendes que pór:
  • Nome e apelidos
  • Curso ao que pertencedes
Se non teñen estes datos, non se publican. Tendes unha entrada neste blogue na que se vos explica como participar como xurado. O prazo para enviar os comentarios remata o 9 de xuño ás 12 da noite.

15 may 2013

Queres ser xurado do concurso Ven para o blogue e gaña ...?

Todos os alumnos do Centro podedes ser xurados da segunda fase do concurso Ven para o blogue e gaña... Podedes facelo a través dos comentarios do blogue. Na parte inferior de cada entrada aparece unha anotación relativa aos comentarios ("No hay comentarios" ou o número de comentarios que hai). Se premedes aí, abrésevos unha ventá onde podedes escribir os vosos comentarios. Os datos persoais (nome, apelidos e curso ao que pertencedes) podes poñelos en "seleccionar perfil", escollendo a opción "nombre/URL". Votade polas obras que máis vos gusten. Tamén vos lembro que, á parte de xurado, todos podedes participar e presentar as vosas obras. Tendes seis modalidades para facelo. O prazo para presentar as vosas creacións remata o 24 de maio. Animádevos.