Préstamo

Solicitude de carné
Poden solicitar o carné de usuario os alumnos do Centro, o seus pais e os seus irmáns. A solicitude farase cubrindo o impreso que hai na Biblioteca ou ben por correo electrónico (bibliotecasardineira@gmail.com) poñendo os seguintes datos:
  • Apelidos e nome
  • Enderezo, código postal e localidade
  • Data de nacemento
  • Relación co Centro (indicar curso e grupo)
  • Correo electrónico e teléfono
Normas para o préstamo
Préstamo a domicilio
  •  Para acceder a este servizo, é preciso ter carné da biblioteca.
  • A duración do préstamo é de 15 días renovables por outros 15, excepto o material audiovisual, que non admite renovación, e as publicacións periódicas, que só serán prestadas por un período de 4 días e un exemplar de cada vez. Tampouco é posible renovar o préstamo dos exemplares que se atopan en lista de espera.
  • Pódense levar un máximo de 3 documentos, incluídos os audiovisuais e con excepción das publicacións periódicas, suxeitas ás condicións expostas con anterioridade.
  • Están excluídos do préstamo os materiais de consulta
Seccións de aula
  • É un tipo de préstamo especial destinado aos profesores que necesitan traballar cos libros na aula. Este préstamo non está afectado pola limitación de días e número de exemplares do préstamo a domicilio, pero si é necesario solicitar o préstamo do mesmo xeito.
Reservas  
  • Só se poden efectuar reservas de exemplares que estean prestados. A reserva realizarase na propia biblioteca.
  • Os materiais reservados terán que ser retirados nun prazo máximo de 3 días a partir da comunicación da súa dispoñibilidade.
Sancións
  • En caso de incumprimento do prazo de devolución dos préstamos, non se poderá acceder a este servizo durante un número de días equivalente aos de demora (1 día por cada documento e día de retraso). Se, despois de efectuada a reclamación, a demora persiste, pode ser considerada falta disciplinaria leve.
  • Non recoller unha reserva será sancionado do mesmo xeito que a demora no préstamo.
  • En caso de deterioro grave dos materiais emprestados ou de perda, o usuario deberá repoñelos. No caso de que non fose posible atopar outro exemplar, será substituído por outro similar.