25 abr 2019

Charla con Nando López

O pasado mércores 10 de abril, o escritor Nando López fixo un oco no seu “nandotour” para charlar sobre a novela El reino de las tres lunas co alumnado de 1º da ESO, contar anécdotas e responder moitas preguntas que xurdiron sobre a súa obra. Moitísimas grazas, Nando, pola túa proximidade, dinamismo e excelente trato co alumnado! Moitas grazas tamén á editorial Santillana por ternos facilitado este encontro.

23 abr 2019

Poesía e graffiti con Dores Tembrás


O alumnado de 1º de bacharelato tivo a sorte de compartir a tarde do pasado martes, 9 de abril, con Dores Tembrás nun obradoiro de poesía e graffiti que serviu non só para reflexionar sobre a esencia do poético, senón tamén para interpretar algunhas das suxestivas pintadas seleccionadas pola poetisa: “Solo solos somos libres”. Así valoraron algúns dos nosos alumnos este encontro: “moi reflexivo, moi inspirador”; “conseguiu captar a miña atención”; “múltiples interpretacións”...