8 feb 2013

Cine- fórum. O quinteto da morte

Dentro do ciclo de cine "Cine á Carta", este xoves, 14 de febreiro proxectarase na biblioteca a película "O quinteto da morte" (The Ladykillers) do director inglés Alexander MacKendrick. Se queres informarte máis polo miúdo, preme no cartaz.

5 feb 2013

Cine-fórum. Cine á carta

Finalizado o ciclo de cine "Terror e Suspense", o próximo xoves 14 de febreiro dará comezo un novo ciclo: "Cine á Carta", no que se proxectarán unha selección de películas escollidas por cada un dos membros do equipo do cine-fórum. Para máis información, preme no cartaz.
 


4 feb 2013

Recitando a Celso Emilio

O 12 de decembro de 1912 nacía en Celanova, Celso Emilio Ferreiro. Celso Emilio foi escritor e político, cultivou a poesía e tamén a narrativa. O seu poema Longa noite de pedra converteuno no máximo expoñente da poesía social na literatura galega. Para conmemorar o centenario do seu nacemento, o 12 de decembro de 2012, ás 12:00 h., milleiros de mozos dos centros educativos de toda Galicia participaron na convocatoria da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) nun recital público e simultáneo do poema Deitado frente ao mar, un dos seus poemas máis emblemáticos. Fixémolo no noso instituto con alumnado do 2º ciclo da ESO e de bacharelato. Axudamos, pois, a manter viva a memoria dun dos grandes poetas galegos do século XX.