24 feb. 2014

Cine-fórum: Plácido, dirixida por Luis G. Berlanga

O vindeiro xoves, 27 de febreiro, como sempre ás 16:30 na Biblioteca, proxectarase a película Plácido de Luis García Berlanga. Se desexas informarte máis polo miúdo, preme no cartaz.
https://sites.google.com/site/cousasblog/Cartaz%20Pl%C3%A1cido.jpg

12 feb. 2014

24 de febreiro: Día de Rosalía.

O luns 24 de febreiro celebraremos na biblioteca o Día de Rosalía. Se queres participar, preme no cartaz para te informar. Agardámoste.

https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxjb3VzYXNibG9nfGd4OjJkZTZlYTc0ZjQyZGIyMTc


2 feb. 2014

Por Pete Seeger!

Pete Seeger apoiando a protesta
Occupy Wall Street (2011)
A semana pasada morreu Pete Seeger. A súa longa vida permitiulle ser unha testemuña privilexiada do século XX e parte do XXI. O seu ollar crítico e o seu inconformismo están na base dunhas cancións que se converteron na voz dos oprimidos e da loita contra a inxustiza. Para reavivarmos as saudades de todos aqueles que nalgún momento vos emocionastes coas súas cancións e para todos aqueles que por idade non tivestes ocasión de saberdes quen é, aquí vos deixo algunha mostra do seu traballo, un canto á esperanza de que é posíbel un mundo mellor.