30 oct 2018

Club de Lectura


Xa está en marcha o Club de Lectura para o curso 2018-19. Aquí tendes os grupos que se van organizar. Esperamos contar coa vosa participación.
  • Club de Lectura Caladoiro 
    Niveis: 1º, 2º e 3º de ESO.
    O alumnado interesado en participar no Club de Lectura tense que anotar na Biblioteca antes do día 16 de novembro, venres.
    A reunión informativa, unha vez constituído o Club, terá lugar o luns, 19 de novembro no 1º recreo. Nesta reunión acordarase o primeiro libro a ler no Club, así como se fixará a data de reparto dos libros que, en todo caso, será antes das vacacións do Nadal.
  • Club de Lectura Interniveis
    Niveis: 4º de ESO, 1 e 2º de Bacharelato.
    O alumnado interesado en participar no Club de Lectura tense que anotar na Biblioteca antes do día 9 de novembro, venres.
    A reunión informativa, unha vez constituído o Club, terá lugar o luns, 12 de novembro no 1º recreo. Nesta reunión acordarase o primeiro libro a ler no Club, así como se fixará a data de reparto dos libros que, en todo caso, será antes das vacacións do Nadal. 
  • Club de Lectura para adultos
    As persoas interesadas en participar no Club de Lectura tense que anotar na Biblioteca ou mediante correo electrónico (bibliotecasardineira@gmail.com) antes do día 16 de novembro, venres.
    A reunión informativa, unha vez constituído o Club, terá lugar o martes, 20 de novembro as 18:15 h na Biblioteca. Nesta reunión acordarase o primeiro libro a ler no Club, así como se fixará a data de reparto dos libros que, en todo caso, será antes das vacacións do Nadal.