25 nov. 2014

Cabazas, castañas e refráns

Con motivo do Samaín, realizamos un concurso de cabazas no que participaron, como xa é tradición, os alumnos de 1º da ESO. Tamén fixeron un mural con refráns e adiviñas que tiveron como protagonista a castaña. Disto deixámosvos mostras nas fotos. Do que xa non podemos dar nin a proba é das castañas do magosto co que rematamos a festa. Espero que todos tiverades ocasión de as degustar.
Parabens aos gañadores do concurso!

 
A música que soa é un fragmento de Autumn Leaves, en versión de Eric Clapton.

22 nov. 2014

Cine-fórum: Tempos modernos

Mércores 26, dentro do ciclo Comedia en branco e negro, proxectarase o filme Tempos modernos, dirixida por Charles Chaplin. Como sempre, será ás 16:30 na Biblioteca. Para vos informardes máis polo miúdo, premede no cartaz.
https://sites.google.com/site/cousasblog/2.%20Cartaz%20Tempos%20Modernos%202.jpg?

19 nov. 2014

Comentarios no blogue


Esta entrada é para vos lembrar que só publicamos comentarios correctamente identificados, isto é, que leven nome e apelidos (tamén podedes especificar a relación co centro: se sodes alumnos, pais, curso...).
Se queredes poñervos en contacto con nós, tendes os nosos enderezos de correo no menú que se atopa na parte superior do blogue, na páxina "Contacto". Os nosos enderezos son:
  • bibliotecasardineira@gmail.com Este é o enderezo para calquera cousa relacionada co funcionamento da biblioteca e para nos facer suxestións para a adquisición de fondos.
  • blogbibliosardineira@gmail.com Este é o enderezo para todo o relacionado co blogue. Por exemplo, se queres participar na sección "Compartindo", envíanos as cousas que desexes compartir a este enderezo. Escríbenos para facer as suxestións que cosideres oportunas.
Pero lembra: tanto os comentarios como os correos deben ir correctamente identificados.
Agardamos novas vosas!

4 nov. 2014

Día da Ciencia en Galego: Exposición

A semana pasada iniciamos a celebración do Día da Ciencia en Galego cunha exposición: Ciencia, muller, galego. Adiviña que teñen en común. A exposición estará no vestíbulo do Centro até o 6 de novembro. Esta exposición é parte doutra organizada pola Biblioteca sobre Igualdade de xénero, realizada coa colaboración de: Departamento de Matemáticas, Departamento de Xeografía e Historia, Departamento de Lingua galega e Literatura, Departamento de Lingua castelá e Literatura, Departamento de Inglés e Departamento de Filosofía.
A conmemoración do Día da Ciencia en Galego concluirá coa tradicional mostra dos máis variados e espectaculares experimentos, realizados polo alumnado do Ciclo, que terá lugar o día 7 de novembro.

27 oct. 2014

Cine-fórum: O maquinista da "General"

Mércores 29, dentro do ciclo Comedia en branco e negro, proxectarase o filme O maquinista da "General", dirixida por Buster Keaton. Como sempre, será ás 16:30 na Biblioteca. Para vos informardes máis polo miúdo, premede no cartaz.
https://sites.google.com/site/cousasblog/1.Cartaz%20The%20General%20site.jpg

17 oct. 2014

Cine-fórum

Volve o Cine-fórum!, este ano adicado ao cine en branco o negro. As películas seleccionadas son as que figuran no cartaz. Preme nel para obteres máis información.
O mércores, 29 de outubro, proxectaremos na biblioteca a primeira película do ciclo Comedia en Branco e Negro, coma sempre en horario de 16:30.
https://sites.google.com/site/cousasblog/0.Ciclo%20Comedia%20en%20Branco%20e%20Negro%20para%20site.jpg

6 oct. 2014

Compartindo. Ben falado, Emma Watson!

Enma Watson lanza a campaña HeForShe diante do comité das Nacións Unidas. O obxectivo é conseguir que o sexo masculino se sume aos esforzos para terminar coa discriminación contra as mulleres e se una ao movemento feminista.
Compárteo Olga Pedrouzo. 

Compartindo

Lémbrovos, como sempre que iniciamos esta sección, que está aberta á participación de toda a comunidade educativa (profesores, alumnos, pais e persoal non docente). É unha sección do blogue que está concibida para compartir aquelas cousas que nos gustan, que nos resultan interesantes. O único que tendes de facer é enviar o arquivo ou o enlace do que queirades que se suba ao blogue acompañado dun pequeno texto que explique as razóns que vos levan a compartilo. Enviádeo ao correo do blogue: blogbibliosardineira@gmail.com. 
Agardamos as vosas colaboracións!

30 sept. 2014

O noso horario

Foto: Chema Madoz
Este curso teremos o mesmo horario que o curso anterior:
  • Mañás, de luns a venres: de 9:35 a 13:35.
  • Tardes de luns, mércores e xoves: de 16:30 a 18:10.
Lembrade que, ás tardes, podedes contar coa axuda dos profesores da Biblioteca para os vosos estudos. Agardamos por vós!

25 sept. 2014

Estamos de volta!

De todas as figuras xeométricas a circunferencia é a que mellor se asimila á idea básica e obsesiva de xustiza como equidade. Para os que no seu momento non estabades ou xa ides esquecéndoo, aquí vai unha mostra da representación de O circuliño de xiz de Alfonso Sastre.

12 may. 2014

Teatro na Biblioteca: O circuliño de xiz, de Alfonso Sastre.

¿Quen hai tan inflado de palabras ocas que non vexa a diferenza entre  os  que  queren  de  corazón  e  os  que  simplemente cobizan?  En O circuliño de xiz Alfonso Sastre recórdanola: só os  que de veras aman saben que non todo é posible e por que.
Preme na imaxe para obteres máis información.

https://sites.google.com/site/cousasblog/CARTEL%20TEATRO.jpg

7 may. 2014

Semana cultural

Xa está aquí a vosa cita anual coa Semana de actividades culturais que organiza a Biblioteca. Premede na imaxe para obter máis información.

https://sites.google.com/site/cousasblog/SEMANA%2013-14%20GRANDE%202.jpg

26 mar. 2014

Cine-fórum: O lobo, dirixida por Miguel Courtois

O vindeiro xoves 27 de Marzo, dentro do ciclo A Historia no cine proxectarase o filme O Lobo do director Miguel Courtois. Como sempre, será ás 16:30 na Biblioteca. Se queredes informarvos máis polo miúdo, premede no cartaz.

https://sites.google.com/site/cousasblog/O%20Lobo.jpg

24 feb. 2014

Cine-fórum: Plácido, dirixida por Luis G. Berlanga

O vindeiro xoves, 27 de febreiro, como sempre ás 16:30 na Biblioteca, proxectarase a película Plácido de Luis García Berlanga. Se desexas informarte máis polo miúdo, preme no cartaz.
https://sites.google.com/site/cousasblog/Cartaz%20Pl%C3%A1cido.jpg

12 feb. 2014

24 de febreiro: Día de Rosalía.

O luns 24 de febreiro celebraremos na biblioteca o Día de Rosalía. Se queres participar, preme no cartaz para te informar. Agardámoste.

https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxjb3VzYXNibG9nfGd4OjJkZTZlYTc0ZjQyZGIyMTc


2 feb. 2014

Por Pete Seeger!

Pete Seeger apoiando a protesta
Occupy Wall Street (2011)
A semana pasada morreu Pete Seeger. A súa longa vida permitiulle ser unha testemuña privilexiada do século XX e parte do XXI. O seu ollar crítico e o seu inconformismo están na base dunhas cancións que se converteron na voz dos oprimidos e da loita contra a inxustiza. Para reavivarmos as saudades de todos aqueles que nalgún momento vos emocionastes coas súas cancións e para todos aqueles que por idade non tivestes ocasión de saberdes quen é, aquí vos deixo algunha mostra do seu traballo, un canto á esperanza de que é posíbel un mundo mellor.





26 ene. 2014

Cine-fórum: A voz durmida, de Benito Zambrano

Este xoves, 30 de xaneiro, proxectarase na Biblioteca "A voz durmida" de Benito Zambrano. Para informarte máis polo miúdo, preme no cartaz.
https://sites.google.com/site/cousasblog/A%20voz%20durmida.jpg