Durante este curso a Biblioteca puxo o
seu Cine-Forum a disposición tamén dos Departamentos
coa finalide de que estes o utilizasen para proyectar filmes que
tiveran relación co seu proxecto curricular e traballo na aula.
Dentro desta liña de traballo, o vindeiro luns, 4 de novembro,
proxectarase na Biblioteca a película O Gran Ditador do
director británico Charles Chaplin, para os alumnos e alumnas de 1º
da ESO. Por suposto que @s demais tamén estades invitad@s.
Para obter máis información, preme no cartaz.
30 oct 2013
23 oct 2013
Cine-fórum: "A Historia no cine", novo ciclo de cinema
Etiquetas:
A Historia no cine,
Actividades,
cine-fórum
16 oct 2013
Alice Munro
Como xa sabedes, Alice Munro é a escritora á que lle concederon o Nobel de literatura. Se premedes aquí , podedes acceder a un dos seus relatos, cousa altamente recomendable.
Etiquetas:
Alice Munro,
Nobel
9 oct 2013
Cursos de español para estranxeiros
A Biblioteca Municipal "Sagrada Familia" ofrece cursos de español para estranxeiros. Os cursos estarán funcionando ata o 30 de xuño de 2014. As clases son os martes e xoves e hai dous grupos cada día. Un grupo, de 18:00 a 19:, e outro, de 19:00 a 20:00. Podedes incorporarvos ás clases en calquera momento, non é preciso ter acodido dende o primeiro día. Só tendes que achegarvos pola Biblioteca e preguntar. As clases son de balde. Premendo na imaxe accededes ao enderezo e horario da Biblioteca.
Etiquetas:
Biblioteca "Sagrada Familia",
cursos,
español
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)

