30 oct 2013

Cine-fórum: O Gran Ditador

Durante este curso a Biblioteca puxo o seu Cine-Forum a disposición tamén dos Departamentos coa finalide de que estes o utilizasen para proyectar filmes que tiveran relación co seu proxecto curricular e traballo na aula. Dentro desta liña de traballo, o vindeiro luns, 4 de novembro, proxectarase na Biblioteca a película O Gran Ditador do director británico Charles Chaplin, para os alumnos e alumnas de 1º da ESO. Por suposto que @s demais tamén estades invitad@s. Para obter máis información, preme no cartaz.

23 oct 2013

Cine-fórum: "A Historia no cine", novo ciclo de cinema

Durante o presente curso 2013/2014, a Biblioteca organizará un Ciclo de cine baixo o título A Historia no Cine, centrado na Historia de España. Aquí tendes o cartaz con algúns dos filmes previstos para a súa proxección, pero o ciclo está aberto a suxestións. Preme no cartaz para obter máis información.

16 oct 2013

Alice Munro

Como xa sabedes, Alice Munro é a escritora á que lle concederon o Nobel de literatura. Se premedes aquí , podedes acceder a un dos seus relatos, cousa altamente recomendable.


9 oct 2013

Cursos de español para estranxeiros

A Biblioteca Municipal "Sagrada Familia" ofrece cursos de español para estranxeiros. Os cursos estarán funcionando ata o 30 de xuño de 2014. As clases son os martes e xoves e hai dous grupos cada día. Un grupo, de 18:00 a 19:, e outro, de 19:00 a 20:00. Podedes incorporarvos ás clases en calquera momento, non é preciso ter acodido dende o primeiro día. Só tendes que achegarvos pola Biblioteca e preguntar. As clases son de balde. Premendo na imaxe accededes ao enderezo e horario da Biblioteca.

25 sept 2013

Estamos de volta

Aquí estamos un curso máis! Queremos darvos a benvinda a todos e esperamos seguir contando coa vosa presenza e a vosa participación nas actividades que organicemos. A Biblioteca estará aberta polas mañás, de 9:35 a 13:35, e as tardes do luns/segunda feira, mércores/cuarta e venres/sexta, de 16:30 a 18:10. Déixovos, como benvinda, a reprodución dunha collage da miña amiga Sara Huete. Titúlase Mantenerse a flote. Obra e título son o suficientemente inspiradores como para non precisaren comentario. Grazas por estardes aí!
Mantenerse a flote, Sara Huete


7 jul 2013

Flores de Satie para Kavafis, Barakalaika

O obradoiro de teatro escolar Barakalaika xorde neste curso cunha vocación, quizais non compartida: antepoñer o pracer de percorrer o camiño á obriga de chegar a un destino, mostrando que só a vontade de pasalo ben nos pode abeirar do aburrimento e da súa sombra, a diversión. 


30 jun 2013

Representación de "O achado do castro"

A pura alegría que se transparenta nos seus xestos é motivo suficiente para reconducir, a través desta montaxe, pero sen desmentilo, o carácter naturalmente efémero do teatro.