
Hoxe celebramos o
Día mundial da poesía. Temos unha mostra no vestíbulo do instituto de diferentes xogos poéticos. A exposición está baseada nunha unidade didáctica de Elvira Riveiro. Estará ata finais da semana. Colaboraron con nós nesta actividade o
Departamento de lingua e literatura galega, o de
normalización lingüística e o de plástica. Podedes ver os centóns e caligramas realizados polos alumnos.
Tamén celebramos o día con versos con sorpresa. Pasa pola biblioteca e
caramelízate. Hai sorteo e premio. Saberás máis se vés. Agardámoste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario