O día 21 fixemos entrega dos premios do 1º concurso de historias de amor. O xurado non o tivo fácil, sobre todo na 2ª categoría, dada a calidade dos traballos presentados. Aquí tedes aos premiados:
1ª categoría:
1º premio ex aequo para Tamara Lorenzo Sar polo seu relato Amor sen remite e para Cristina Pérez Hermida, Noelia Fariña Queijas, Laura Entonado Souto, Sara Vázquez Canela e Paula Martínez Barreiro autoras da curtametraxe Isto é amor, quen o probou sábeo.
Premio especial do xurado para Pablo Rodríguez Quintana por Poema de amor. Tú.
2ª categoría:
1º premio para María Roca Outeiro polo relato Veinte poemas de amor y una canción desesperada.
Premio especial do xurado para Antía Fraga Lourido autora de Olvídame, yo te recordaré.
Premio especial do xurado para Daniel Torres Fernández por O primeiro día do resto das nosas vidas.
Premio especial do xurado para Andrea Prada Castro por Esto es amor, quien lo probó lo sabe.
3º categoría:
1º premio para Carlota Carnota Canedo autora da banda deseñada ¡Todo ou nada! As cousas non saen sempre coma un pensa.
Parabens a todos, os que gañádes e os que non. Moitas grazas pola vosa participación. Esperamos seguir contando coa vosa colaboración e que aqueles que aínda non o intentáchedes vos animedes o curso que vén. Bo verán a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario