O Cine-fórmun acaba de arrancar. Este curso a actividade de cinema está organizada por un grupo de alumnos de distintos niveis e coordinada por un profesor. Os filmes e os temas son escollidos polos alumnos. A actividade organizarase ao redor de dous ciclos, que se desenvolverán de forma alternada: Cine a contratempo e Mostras de contrapunto. En Cine a contratempo iranse vendo algunhas das películas fundamentais da Historia do cine, sen seguir necesariamente unha orde cronolóxica. Mostras de contrapunto é un espazo para compartir os gustos dos integrantes do equipo do Cine-fórum. Tanto nun ciclo como noutro, as proxeccións van precedidas dunha presentación feita polos propios alumnos. No caso de Cine a contratempo, a intención da presentación é ir documentándose sobre a Historia do cine. En Mostras de contrapunto trátase de que a presentación faga maior énfase nas razóns polas nos gusta o filme.
O luns 24 comezou Cine a contratempo coa proxección do filme Os catrocentos golpes, dirixida por François Truffaut.
No hay comentarios:
Publicar un comentario