O 12 de decembro de 1912 nacía en Celanova, Celso Emilio Ferreiro. Celso
Emilio foi escritor e político, cultivou a poesía e tamén a narrativa. O
seu poema Longa noite de pedra converteuno no máximo expoñente
da poesía social na literatura galega.
Para conmemorar o centenario do seu nacemento, o 12 de decembro de 2012,
ás 12:00 h., milleiros de mozos dos centros educativos de toda Galicia
participaron na convocatoria da Coordinadora Galega de Equipos de
Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) nun recital público e
simultáneo do poema Deitado frente ao mar, un dos seus poemas
máis emblemáticos.
Fixémolo no noso instituto con alumnado do 2º ciclo da ESO e de
bacharelato. Axudamos, pois, a manter viva a memoria dun dos grandes
poetas galegos do século XX.
No hay comentarios:
Publicar un comentario