16 ene. 2015

Ven para o blogue e gaña... 2ª edición

Xa está en marcha a segunda edición do concurso Ven para o blogue e gaña... Podedes apañar unha copia das bases na Biblioteca ou acceder directamente a elas na páxina que se atopa na parte superior do blogue, Ven para o blogue... Bases.
Como na convocatoria anterior, o concurso desenvolverase en dúas fases e contará con seis modalidades. A primeira fase comeza xa. Enviádenos as vosas obras e as que foren seleccionadas serán publicadas no blogue. Segundo vaian sendo publicadas, recibirán como premio entradas de cine.
Na segunda fase, farase un concurso no que a mellor obra de cada modalidade obterá un novo premio. Nesta segunda fase, haberá un xurado e un dos membros seredes vós, o alumnado. Podedes participar na selección de gañadores a través dos comentarios do blogue, dicindo que traballos vos gustan. Os premios desta segunda fase e a súa entrega comunicarase no momento oportuno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario