10 jun 2015

Ven para o blogue e gaña... 2º fase do concurso

Iniciamos a segunda fase do concurso Ven para o blogue e gaña... A entrega de premios será o mércores 17 de xuño na Biblioteca, no segundo recreo. Agardamos por vós, os que particpáchedes e os que non. Aquí quedan as bases desta segunda fase.

Bases
1. A segunda fase do concurso Ven para o blogue e gaña constará de tres categorías por modalidade:
    1ª categoría: 1º e 2º de ESO
    2ª categoría: 3º e 4º de ESO
    3ª categoría: Bacharelato e Ciclos
2. As obras que entrarán a concurso son as que foron publicadas no blogue da Biblioteca.
3. Haberá un premio por categoría que consistirá nun vale de 35 euros para FNAC. O xurado poderá establecer algún premio especial (que será de menor contía), se así o considerar oportuno.
4. Os premios poderán ser declarados desertos.
5. No caso de quedar o premio deserto nalgunha modalidade, podería ser acumulado a outra das modalidades, se a calidade das obras así o xustificar.
6. O xurado estará formado por membros do equipo da Biblioteca, persoal do Centro e alumnado. Este último exercerá a súa participación a través dos comentarios do blogue da Biblioteca.
7. Estas bases supoñen unha ampliación das da primeira fase do concurso, que continúan vixentes.
8. Todos aqueles que se presentaren a este concurso aceptan as condicións establecidas nas bases.


No hay comentarios:

Publicar un comentario