15 may 2013
Queres ser xurado do concurso Ven para o blogue e gaña ...?
Todos os alumnos do Centro podedes ser xurados da segunda fase do concurso Ven para o blogue e gaña... Podedes facelo a través dos comentarios do blogue. Na parte inferior de cada entrada aparece unha anotación relativa aos comentarios ("No hay comentarios" ou o número de comentarios que hai). Se premedes aí, abrésevos unha ventá onde podedes escribir os vosos comentarios. Os datos persoais (nome, apelidos e curso ao que pertencedes) podes poñelos en "seleccionar perfil", escollendo a opción "nombre/URL". Votade polas obras que máis vos gusten. Tamén vos lembro que, á parte de xurado, todos podedes participar e presentar as vosas obras. Tendes seis modalidades para facelo. O prazo para presentar as vosas creacións remata o 24 de maio. Animádevos.
Etiquetas:
Actividades,
comentarios,
concursos,
Ven para o blogue,
xurado
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario