- Presentación dunha lei científica sobre a que os alumnos terán que responder unhas preguntas. Atentos ao lugar e á forma na que será exposta! A actividade está inscrita no plan de educación documental que queremos levar a cabo ao longo deste curso.
- A montaxe de circuitos electrónicos e experiencias de Faraday que relacionan a electricidade e o magnetismo. Actividade do Departamento de Tecnoloxía.
- Os alumnos de Ciclos, respaldados polos Departamentos de Física e Ciencias, desenvolverán as seguintes prácticas co resto do alumnado:
Como de rápido podes comer papa?
Reacción sodio-auga. Pode facerse sen riscos?
Efecto invernadoiro.
Bacterias no meu móbil?
- Trivial en rede, polo Departamento de Ciencias Naturais.
- Concurso de fotografía matemática a cargo do Departamento de Plástica.
- Videoconferencia cos investigadores galegos do CERN (pendente de confirmación)
No hay comentarios:
Publicar un comentario